A ponte de La Salve (Salbeko Zubia en éuscaro) é unha ponte da cidade biscaíña de Bilbao sobre a ría homónima. Até 2016 denominouse ponte Príncipes de España.

Historia Recibe o nome de La Salve porque ao chegaren os barcos ao porto de Bilbao a través da ría, dende a zona da ponte divísase por primeira vez a virxe de Begoña. Alí os mariñeiros cantábanlle a Salve.

Foi ideada a finais dos anos 60 para solucionar o problema do tráfico, que empezaba a saturar o norte da cidade. Obra do enxeñeiro Juan Batanero García-Geraldo, inaugurouse o 9 de xaneiro de 1972. Foi a primeira ponte de España con sistema de tirantes e unha das poucas con taboleiro metálico. Ten 23,5 metros de altura libre para o paso dos barcos.

Está dotado de ascensores desde a súa base na marxe dereita, na paraxe de La Salve, ao final do Campo Volantín. Mantidos polo concello, transportan 200.000 pasaxeiros ao ano e son gratuítos desde maio de 2008.

Xunto á ponte, na marxe esquerda da ría, atópase o Museo Guggenheim. O seu arquitecto, Frank Gehry, quixo integrar neste a ponte en certo xeito. Para ese efecto, construíu no seu lado esquerdo (mirando desde o Campo Volantín, unha torre con escaleiras de acceso ao museo, o cal se atopa no lado dereito.

Pórtico A finais de 2006 confirmouse o proxecto de construír un pórtico vermello ideado polo artista conceptual francés Daniel Buren. Foi o vencedor do concurso lanzado polo Museo Guggenheim en conmemoración do 10º aniversario da pinacoteca. A estrutura, Arcos vermellos (Arku gorriak), propuxo integrar aínda máis a ponte co museo adoptando as súas formas curvilíneas.

En agosto de 2017 finalizou a restauración da obra, con motivo do 20º aniversario do museo.

Notas

Salve Categoría:Bilbao