A bolboreta Colias croceus é unha especie da familia Pieridae, que foi descrita orixinalmente, co nome de Papilo croceus, por Geoffroy Saint-Hilaire, en 1785, en París (Francia). É moi similar á especie denominada Colias alfacariensis.Colias crocea asturnatura
Descrición Ás anteriores de cor amarela-laranxa no seu anverso, con fimbrias rosadas, con bordo en banda negra, e unha mancha negra destacada no seu interior. Reverso amarelo-alaranxado uniforme, con mancha prateada. As ás posteriores son amarelo-xofre, con varias manchas pardas, entre as que destaca unha con núcleo dourado. A femia é moi similar ao macho, con carácter xeral, aínda que hai un morfotipo no que a cor de fondo das ás é branco-verdosa. É unha especie de bolboreta tendente a pousarse sempre coas ás pechadas.
É polivoltina, reprodúcese tres ou até catro veces ao ano (aproximadamente en abril, xullo e outubro), sendo invernantes as larvas da última xeración. A posta realízase sobre follas de plantas moi diversas, sobre todo Trifolium e Medicago sativa, entre outras.
Distribución e hábitat É unha especie estendida por toda Europa e África do norte. En España e Portugal é moi frecuente. Esténdese até Asia Menor, o oeste da India e Siberia. É migratoria, algúns anos ten numerosas migracións en masa en Europa, por exemplo nos anos 1877, 1947, 1983, 1992, 1994, 1996 e 2000.Funet
Adoita vivir en zonas asolladas e vexetadas, e mesmo en zona de cultivo, chegando até certa altura (2.000 m). Só están ausentes de zonas boscosas. É moi usual nos macizos montañosos de tipo calcario, e menos abundantes, aínda que frecuentes, en montañas máis elevadas, como Serra Nevada.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Olivares, Francisco Javier; Barea-Azcón, José Miguel e outros (2011): Las mariposas diurnas de Sierra Nevada, Consejería de Medio Ambiente, Junta de Andalucía, Granada, ISBN 978-84-92807-72-7, pp. 182-183. Asher, Jim; Warren, Martin; Fox, Richard; Harding, Paul; Jeffcoate, Gail & Jeffcoate, Stephen (2001): The Millennium Atlas of Butterflies of Britain and Ireland. Oxford University Press.
Ligazóns externas Larvae of North-European Lepidoptera Paolo Mazzei, Daniel Morel, Raniero Panfili Moths and Butterflies of Europe and North Africa Imaxes de C. croceus images no Consortium for the Barcode of Life
Categoría:Animais descritos en 1785 Categoría:Lepidópteros de África Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia