Thomas Brock, nado en Worcester, Inglaterra, o 1 de marzo de 1847 e finado en Londres o 22 de agosto de 1922, foi un escultor e medallista inglés, recoñecido pola creación de varias esculturas e monumentos públicos de gran tamaño en Gran Bretaña e noutros países a finais do século XIX e principios do XX.Chisholm, H., ed. (1911).Chilvers, I. (2004).

A súa obra de máis sona é o monumento á raíña Vitoria fronte ao Palacio de Buckingham, en Londres. Outras das súas encargas salientables foron o redeseño do busto de Vitoria para o anverso das moedas británicas en 1893, e a enorme estatua ecuestre de bronce de Eduardo, o Príncipe Negro, en City Square, Leeds.Stocker, M. (2008)."Thomas Brock - shaping the 'New Sculpture' movement". Westminster Abbey.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Brock naceu o 1 de marzo de 1847 en Worcester, fillo único de William Brock, pintor e decorador, e da súa esposa. Asistiu á Escola Gobernamental de Deseño de Worcester, logo do cal se formou en modelaxe na Real Fábrica de Porcelana de Worcester. En 1866 converteuse en alumno do escultor John Henry Foley e tamén se matriculou nas Escolas da Royal Academy,Forrer, L. (1904). Páxina 295. onde gañou unha medalla de ouro de escultura en 1869.University of Glasgow History of Art / HATII (2011). "Sir Thomas Brock RA, KCB, PRBS, HRSA ". Mapping the Practice and Profession of Sculpture in Britain & Ireland 1851-1951.Beattie, S. (1983). The New Sculpture. Paul Mellon Centre for Studies in British Art / Yale University Press. ISBN 0300033591

Carreira artística Tivo amizade co pintor e escultor Frederic Leighton, cuxa énfase no realismo e o naturalismo na escultura levou a Brock a formar parte do movemento da Nova Escultura e a desenvolver o seu talento para o retrato simpático e realista. Tras a repentina morte de Foley en 1874, Brock finalizou varias das súas encargas, entre elas o monumento a Daniel O'Connell en Dublín, e unha gran estatua ecuestre de bronce de Charles Canning para Calcuta.Steggles, M. A.; Barnes, R. (2011). British Sculpture in India: New Views & Old Memories. Frontier Publishing. ISBN 9781872914411 Foi a finalización da estatua do príncipe Alberte, iniciada por Foley para o Albert Memorial, o que deu a coñecer a Brock e asegurou a súa posición como escultor establecido."Sir Thomas Brock RA (1847-1922)". Royal Academy.Droth, M.; Edwards, J.; Hatt, M. (2014). Sculpture Victorious: Art in the Age of Invention, 1837-1901. Yale Center for British Art, Yale University Press. ISBN 9780300208030

Brock foi elixido membro asociado da Royal Academy en 1883 e converteuse en membro de pleno dereito en 1891. Foi tamén membro fundador e primeiro presidente da Sociedade de Escultores Británicos."Thomas Brock PPRSS (1847-1922)". Royal Society of Sculptors. miniatura|302x302px|Thomas Brock no seu estudio, fotografado por Ralph Winwood Robinson en 1889."Sir Thomas Brock ". National Portrait Gallery (NPG.org.uk). Ao grupo escultórico de Brock The Moment of Peril —actualmente no xardín de Leighton House— seguiuno The Genius of Poetry ("O xenio da poesía") na fábrica de cervexa Carlsberg, de Copenhague. En 1898 expúxose na Royal Academy un modelo en xeso de Eve, cuxa versión en mármore (1900) se acha na colección da Tate, e Brock tamén fundiu algunhas réplicas en bronce máis pequenas e outras obras imaxinativas que marcan a súa evolución."Sir Thomas Brock. Eve. 1900". Tate (Tate.org.uk). Entre as súas obras de retrato figuran bustos, como os de Frederic Leighton e a raíña Vitoria; estatuas, como as de Richard Owen e Henry Philpott, bispo de Worcester; e monumentos sepulcrais, como o de Frederic Leighton na catedral de San Paulo, de Londres.

Brock fixo estatuas e medallas de Vitoria para celebrar o seu Xubileu de Ouro —os 50 anos de reinado— e o de Diamante —os 60 anos—, e tamén deseñou a representación da efixie desta monarca coñecida como "cabeza velada" ou "cabeza viúva", utilizada en todas as moedas británicas de ouro, de prata e de bronce entre 1893 e 1901.Forrer, L. (1904). Páxinas 295-296.

En 1901, Brock recibiu a encarga de realizar unha colosal estatua ecuestre de Eduardo, de Woodstock, para a praza da cidade de Leeds. Ese mesmo ano recibiu tamén a que quizais sexa a súa encarga máis importante: o monumento imperial á raíña Vitoria, con múltiples figuras, que se erixiría fronte ao Palacio de Buckingham. A inauguración deste monumento tivo lugar o 16 de maio de 1911 e,"Victoria Memorial Is Unveiled by King George". En Dundee Evening Telegraph. 16 de maio de 1911. segundo a lenda, o rei Xurxo V ficou tan conmovido pola excelencia do monumento que pediu unha espada e nomeou cabaleiro a Brock no acto. En calquera caso, á marxe da lenda, o certo é que ese mesmo día a Oficina do Lord Chamberlain notificou a The London Gazette que o rei ordenara que Brock fose nomeado cabaleiro comendador da Orde de Baño.The London Gazette. Nº 28.496. 19 de maio de 1911. Páxina 3.816.

De 1914 a 1919 Brock volveu ocupar o cargo de presidente da Sociedade de Escultores Británicos.

Brock casou en 1869 e tivo oito fillos. Morreu en Londres o 22 de agosto de 1922 e está soterrado no adro da igrexa de St. Dunstan, en Mayfield, East Sussex."Thomas Brock". Findagrave.com

Escolma de obras

Moedas e medallas

Escultura pública

1875-1889 {| class="wikitable" !Imaxe !Motivo / título !Situación actual !Datación !Tipo e material |- | align="center" |115x115px | align="center" |Richard BaxterHistoric England. "The Baxter Monument (1100091)". National Heritage List for England. Pevsner, N. (1968). The Buildings of England: Worcestershire. Penhuin Books, Londres. Páxina 207.Tomkinson, K.; Hall, G. (1975). Kidderminster Since 1800. Tompkinson & Hall. Páxinas 209-210.Darke, J. (1991). The Monument Guide to England and Wales. Macdonald Illustrated. ISBN 0-356-17609-6 |Kidderminster, Worcestershire. | align="center" |1875 |Estatua en pedestal. Mármore e granito. |- | align="center" |105x105px | align="center" |William RathboneHistoric England. "Statue of William Rathbone (1073451)". National Heritage List for England. |Setton Park, Liverpool. | align="center" |1877 |Pedra Portland e bronce. |- | align="center" |115x115px | align="center" |A Moment of Peril"A Moment of Peril". The Victorian Web (Victorianweb.org). |Castelo Rosenborg, Copenhage, Dinamarca. | align="center" |1880 |Grupo escultórico en bronce. |- | align="center" |105x105px | align="center" |Robert RaikesBlackwood, J. (1989). London's Immortals: the Complete Outdoor Commemorative Statues. Savoy Press,Oxford. ISBN 0951429604Historic England. "Statue of Robert Raikes (1066179)". National Heritage List for England. Gomme, G. L. (1910). Return of Outdoor Memorials in London. London County Council, Londres.|Xardíns Victoria Embankment, Londres. | align="center" |1880 |Estatua en pedestal. Bronce e pedra. |- | align="center" |115x115px | align="center" |Rowland HillHistoric England. "Statue of Sir Rowland Hill (1100054)". National Heritage List for England. Pevsner, N. (1968). The Buildings of England: Worcestershire. Penhuin Books, Londres. Páxina 208."Sir Rowland Hill (1795-1879)". The Victorian Web (Victorianweb.org). |Vicar Street, Kidderminster. | align="center" |1881 |Estatua en pedestal. Mármore e granito. |- | align="center" |115x115px | align="center" |Richard Temple |Museo Dr. Bhau Daji Lad, Bombai. | align="center" |1884 |Estatua. Mármore. |- | align="center" |115x115px | align="center" |Henry W. Wadsworth"Henry Wadsworth Longfellow". Westminster Abbey. |Abadía de Westminster, Londres. | align="center" |1884 |Busto. Mármore. |- | align="center" |115x115px | align="center" |William Menelaus"Art Collection Online: William Menelaus". Amgueddfa Cymru. |Museo Nacional, Cardiff. | align="center" |1884 |Busto. Mármore. |- | align="center" |115x115px | align="center" |Colin Milton CampbellBeresford, W. (1909). Memorials of Old Staffordshire. Allen & Sons, Londres. Páxina 83 | London Road, Stoke-on-Trent. | align="center" |1887 |Estatua en pedestal. Bronce e pedra. |- | align="center" |115x115px | align="center" |Raíña VitoriaHistoric England. "Statue of Queen Victoria Approximately 15 metres to west of Shire Hall (1389833)". National Heritage List for England. |Shire Hall, Worcester. | align="center" |1887 |Estatua en pedestal. Mármore e granito.. |- | align="center" |125x125px | align="center" |Henry Bartle FrereHistoric England. "Statue of Sir Bartle Frere (1066176)". National Heritage List for England. |Whitehall Gardens, Londres. | align="center" |1888 |Estatua en pedestal. Bronce e granito.

1890-1899 ImaxeMotivo / títuloSituación actualDataciónTipo e material105x105pxRaíña VitoriaParlamento, Cidade do Cabo.1890Estatua en pedestal. Mármore.93x93pxDaniel O'Connell"St Patrick's Cathedral, Melbourne". Australia's Christian Heritage.Catedral San Patricio, Melbourne, Australia.1891Estatua en pedestal. Bronce.115x115pxBispo Henry PhilpottPevsner, N. (1968). The Buildings of England: Worcestershire. Penhuin Books, Londres. Páxina 312."Monument to Bishop Philpot ". The Courtauld Institute of Art.Catedral de Worcester.1892Estatua sedente en pedestal. Mármore e pedra.99x99pxArthur HerveyHistoric England. "Cathedral Church of St Andrew, Chapter House and Cloisters (1382901)". National Heritage List for England.Catedral de Gales.>1894Tumba con efixie. Mármore e pedra.109x109pxRichard OwenThackray, J. C. (1995). A catalogue of portraits, paintings and sculpture at the Natural History Museum, London. Mansell, London. ISBN 978-0720122893Museo de Hª Natural, Londres.1896Estatua en pedestal. Bronce e mármore.111x111pxMemorial Augustus HarrisHistoric England. "Theatre Royal Drury Lane and attached Sir Augustus Harris Memorial Drinking Fountain (1357276)". National Heritage List for England.Teatro Drury Lane, Covent Garden.1897Fonte e escultura. Granito e bronce.115x115pxWilliam Lewis"Statue & Plinth to Sir W.T. Lewis (11476)". Full Report for Listed Buildings. Welsh Government.Upper Thomas Street, Merthyr Tydfil.1898Estatua en pedestal. Bronce e granito.94x94pxHenry Tate"Sir Henry Tate". Tate (Tate.org.uk).Tate Britain, Londres.1898Busto. Mármore.115x115pxThomas HughesNoszlopy, G. T. (2003). Public sculpture of Warwickshire, Coventry and Solihull. Liverpool University Press. ISBN 978-0853238478. Páxinas 28-29.Rugby School, Rugby, Warwickshire.1899Estatua en pedestal.

1900-1909