A Orquestra Sinfónica Nacional de Colombia (en ) é unha orquestra colombiana fundada en 2003 e con sede en Bogotá.

Historia A orquestra foi fundada en 2003 tras a disolución da Orquestra Sinfónica de Colombia en decembro de 2002. A Orquestra Sinfónica de Colombia levaba en funcionamento desde 1952 baixo os auspicios do goberno de Colombia e foi disolta como parte dun amplo plan de privatización estatal. A Orquestra Sinfónica Nacional de Colombia forma parte da "Asociación Nacional de Música Sinfónica", unha organización sen ánimo de lucro que recibe un amplo apoio do goberno colombiano para manter a orquestra e para prestar apoio económico ás outras orquestras sinfónicas profesionais do país.

Dende 2003 até 2007, a dirección artística da orquestra estivo baixo a dirección de tres directores musicais: Luis Biava (director en residencia da Orquestra de Filadelfia até 2004), Alejandro Posada (daquela director da Orquestra Sinfónica de Castela e León), e Eduardo Carrizosa (daquela director da Orquestra Filharmónica de Bogotá). En 2007, a orquestra abriu un proceso de busca dun único director titular e director artístico. Esta procura levou ao nomeamento de Baldur Brönnimann como director principal e director artístico, que ocupou o cargo de 2008 a 2012. En 2016, Olivier Grangean converteuse en director principal e director artístico da orquestra.

Directores da orquestra Luis Biava (2003–2007, director musical conxunto) Alejandro Posada (2003–2007, director musical conxunto) Eduardo Carrizosa (2003–2007, director musical conxunto) Baldur Brönnimann (2008–2012, director principal e artísitico) Olivier Grangean (2016–2022, director principal e artísitico) Yeruham Scharovsky (2023–presente, director principal e artísitico)

Discografía Álbums ao vivo + Lista de álbums ao vivo Título Detalles do álbum Posición Certificacións USClassicalSinfónico appeared on Fonseca's Billboard chart database:[ Tropical Albums for Fonseca] Billboard.com Sinfónico Lanzamento: 9 de xullo de 2014 Selo: EMI Formato: CD/DVD, descarga dixital 17 ASINCOL: 3× Platinum

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da orquestra

Categoría:Orquestras de Colombia