Nizo Yamamoto (en ; Yamamoto Nizō, nado o 27 de xuño de 1953 e finado o 19 de agosto de 2023, foi un director de arte xaponés. Empezou a súa carreira con Mirai Shōnen Konan, mais tamén traballou en numerosos filmes, sendo os máis notables os filmes de Studio Ghibli Tenkū no Shiro Rapyuta, Hotaru no haka, Mononoke Hime e A viaxe de Chihiro. Ademais, colaborou no filme de Mamoru Hosoda Toki o Kakeru Shōjo e no de Makoto Shinkai O tempo contigo. Morreu de cancro de estómago o 19 de agosto de 2023, á idade de 70 anos. Rip Nizo Yamamoto 1953–2023

Obras Director Onigiri Kororin - (おにぎりころりん), 1991 Miyori no Mori - (ミヨリの森), 2007 Tenjo Taifu - (天上大風~わたしが出遇った良寛さま~), 2017

Libros de arte Nizou Yamamoto Works from Film (山本二三画集 フィルムからの言葉). Kadokawa Shoten, 1993. The Background Art Of Yamamoto Nizo (山本二三背景画集). Kosaido Publishing, 2012. Yamamoto Nizo Landscape Painting (山本二三 風景を描く). Bijutsu Shuppan, 2013. 100 Views Yamamoto Nizo (山本二三百景 新装版). EI Publishing, 2019.

Notas

Categoría:Nados en 1953 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Finados por cancro