Centruroides gracilis é unha especie de escorpión da familia Buthidae. É orixinaria de partes do norte de Centroamérica, incluíndo México, Guatemala, Belize e Honduras. Tamén está presente noutras partes como unha especie introducida, incluíndo Cuba, Panamá, Colombia, Ecuador, XamaicaTeruel, R. (2008). Confirmation of the occurrence of Centruroides gracilis (Latreille 1805) (Scorpiones: Buthidae) in Jamaica. Boletín Sociedad Entomológica Aragonesa 42 370. e Florida, nos Estados Unidos. Tamén está presente en partes de África, incluíndo o Camerún e Gabón, así como nas Illas Canarias.Rein, J. O. Centruroides gracilis. The Scorpion Files. Norwegian University of Science and Technology, Trondheim. 2012.
En Florida, é unha especie simpátrica con dúas especies nativas de Centruroides, Centruroides hentzi e Centruroides guianensis. Esta especie é ás veces mantida como mascota.Centruroides gracilis. Institute for the Study of Invasive Species. Texas State University.
Hábitat O escorpión vive baixo as pedras e na casca das árbores. Cando ten a oportunidade, vive nos muros das casas e baixo pilas de lixo nos xardíns.
Dieta Este escoropión aliméntase de insectos como as cascudas.Muma, M. H. (1967). Scorpions, whip scorpions and wind scorpions of Florida. In: Arthropods of Florida and Neighboring Areas, Volume 4. Division of Plant Industry. Florida Department of Agriculture. Os escorpións en catividade poden ser alimentados con térmites ou grilos.Culbert, D. Florida Scorpions. University of Florida IFAS Extension, Okeechobee County. 10 de abril de 2005.
Notas
Categoría:Animais descritos en 1804 Categoría:Artrópodos de México Categoría:Artrópodos de América Central