O Gran Premio do Xapón de 2023 (oficialmente coñecido como o Formula 1 Lenovo Japanese Grand Prix 2023). Celebrouse o 24 de setembro de 2023 no circuíto de Suzuka, en Suzuka, Xapón, foi a 16ª rolda da tempada e o 48º Gran Premio do Xapón. O evento de é a trixésima sétima vez que a carreira correuse como un evento do Campionato do Mundo desde a tempada inaugural en , e a trixésima terceira vez que se celebrou en Suzuka.

Pneus dispoñibles + Pneus dispoñibles para Suzuka Pneus para pista seca Pneus para chuviaalt=Représentation des pneus durs|center|55x55px Duros (Tipo C1)alt=Représentation des pneus medium|center|sans_cadre|55x55px Medios (Tipo C2)alt=Représentation des pneus tendres|center|55x55px Brandos (Tipo C3)55px|alt=Représentation des pneus intermédiairesIntermedios55px|alt=Représentation des pneus pluieChuvia

Cualificación A cualificación celebrouse o 23 de setembro de 2023 ás 15:00 hora local (UTC+9).

Informe de cualificación Max Verstappen logrou a pole position por diante de Oscar Piastri e Lando Norris.

Durante a primeira quenda, Logan Sargeant levou o seu Williams contra o muro, sacando a bandeira vermella e saíndose da sesión. Valtteri Bottas, Lance Stroll, Nico Hülkenberg e Guanyu Zhou tamén quedaron fora.

Durante a segunda quenda, Liam Lawson, Pierre Gasly, Alexander Albon, Esteban Ocon e Kevin Magnussen foron eliminados mentres Charles Leclerc encabezou a quenda.

Durante a terceira quenda, Verstappen fixo a volta rápida, outorgándolle efectivamente a pole position, superándose en máis dunha décima para aseguralo.

Clasificación da cualificación Pos.NºPilotoConstrutorTempos cualificaciónGrellaQ1Q2Q31 1 Max VerstappenRed Bull Racing-Honda RBPT 1:29.878 1:29.964 1:28.87712 81 Oscar PiastriMcLaren-Mercedes 1:30.439 1:30.122 1:29.458 23 4 Lando NorrisMcLaren-Mercedes 1:30.063 1:30.296 1:29.493 3416 Charles LeclercFerrari 1:30.393 1:29.940 1:29.542 45 11 Sergio PérezRed Bull Racing-Honda RBPT 1:30.652 1:29.965 1:29.650 5655 Carlos SainzFerrari 1:30.651 1:30.067 1:29.850 67 44 Lewis HamiltonMercedes 1:30.811 1:30.040 1:29.908 78 63 George RussellMercedes 1:30.811 1:30.268 1:30.219 89 22 Yuki TsunodaAlphaTauri-Honda RBPT 1:30.733 1:30.204 1:30.303 910 14 Fernando Alonso 1:30.971 1:30.465 1:30.560 1011 40 Liam LawsonAlphaTauri-Honda RBPT 1:30.425 1:30.508 111210 Pierre GaslyAlpine-Renault 1:30.843 1:30.509 1213 23 Alexander AlbonWilliams-Mercedes 1:30.941 1:30.537 1314 31 Esteban OconAlpine-Renault 1:30.960 1:30.586 1415 20Haas-Ferrari 1:30.976 1:30.665 1516 77 Valtteri BottasAlfa Romeo-Ferrari 1:31.049 1617 18 Lance StrollAston Martin Aramco-Mercedes 1:31.181 1718 27 Nico HülkenbergHaas-Ferrari 1:31.299 1819 24 Guanyu ZhouAlfa Romeo-Ferrari 1:31.398 19107% tempo: 1:36.169— 2 Logan SargeantWilliams-Mercedes Sen tempo 20Logan Sargeant non puido establecer un tempo durante a cualificación. Permitiuselle participar na carreira a criterio dos comisariosFonte:

Carreira A carreira celebrouse o 24 de setembro de 2023 ás 14:00 hora local (UTC+9).

Informe da carreira na saída da carreira, Oscar Piastri caeu ao terceiro posto con Lando Norris tomando a súa posición. Tamén dous coches entraron en contacto, Valtteri Bottas golpeou o coche de Alexander Albon, sacando o coche de seguridade debido a un exceso de restos na vía. Lewis Hamilton viuse obrigado a entrar no céspede despois de tentar superar a Sergio Pérez Mendoza, que sufriu algún dano, polo que o piloto de Red Bull Racing entrou en boxes e cambiou o alerón dianteiro, caendo ata o último lugar da carreira. Despois do seu accidente na Q1 o día anterior, os enxeñeiros de Williams reconstruíron o coche de Logan Sargeant. Non obstante, o uso de demasiadas pezas de recambio novas que non eran das orixinais significou que o coche fora considerado un terceiro coche, e Logan recibiu unha penalización de dez segundos a cumprir durante a carreira. Tamén obrigouselle a comezar desde o pit lane debido aos cambios que se fixeron no parque pechado. Pérez tamén recibiu unha sanción de cinco segundos por infrinxir a normativa de coches de seguridade. Albon montou un novo alerón dianteiro.

Bottas foi golpeado por Sargeant e tivo que retirarse tras queixarse do manexo do seu coche, recibindo o estadounidense unha penalización de cinco segundos. Pérez golpeou entón a Kevin Magnussen, eliminando da carreira ao piloto danés de Haas. Mentres tanto, Lance Stroll entrou nos boxes e non saíu, e pronto uniuse Albon a súa retirada, pero non antes de que Lewis Hamilton contactara con George Russell á saída da horquilla, forzando a George a saír da pista, pero sen recibir penalización. Houbo confusión na retirada de Pérez da carreira; despois de bater con Magnussen antes, entrou no pit lane e parecía que se retirara. Varias voltas máis tarde reincorporouse á carreira, foi inmediatamente chamado ao boxes para cumprir a súa penalización, nunha táctica deseñada para garantir que a penlizacióna non cumprida non se trasladase ao seguinte Gran Premio de Qatar na forma dunha penalización na grella. Cumprida a penalización, Pérez retirouse unha vez máis.

Neste punto, o polesitter Max Verstappen lideraba a carreira con 16 segundos de vantaxe sobre Norris, segundo clasificado. Porén, Piastri superou a George Russell polo cuarto lugar, o que significa que estaba preparado para o seu primeiro podio na súa carreira na Fórmula Un. Pronto, Charles Leclerc pasou a Russell polo cuarto. Verstappen gañaría a carreira 20 segundos por diante de Norris e Piastri, este último logrando o primeiro podio da súa carreira e Verstappen, que conseguiu a volta rápida, deulle a Red Bull Racing o seu sexto Campionato de Construtores, o segundo consecutivo, tras superar coa súa vitoria tanto a Mercedes como a Ferrari.

Clasificación da carreira Pos.NºPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos1 1 Max VerstappenRed Bull Racing-Honda RBPT53 1:30:58.421126Inclúe un punto pola volta rápida2 4 Lando NorrisMcLaren-Mercedes53 +19.3873183 81 Oscar PiastriMcLaren-Mercedes53 +36.4942154 16 Charles LeclercFerrari53 +43.9884125 44 Lewis HamiltonMercedes53 +49.376 710655 Carlos SainzFerrari53 +50.221187 63 George RussellMercedes53 +57.659868 14 Fernando Alonso53 +1:14.7251049 31 Esteban OconAlpine-Renault53 +1:19.678142 10 10 Pierre GaslyAlpine-Renault53 +1:23.155121 11 40 Liam LawsonAlphaTauri-Honda RBPT53 +1:34.62611 12 22 Yuki TsunodaAlphaTauri-Honda RBPT53 +1:35.406913 24 Guanyu ZhouAlfa Romeo-Ferrari52 +1 volta1914 27 Nico HülkenbergHaas-Ferrari52 +1 volta1815 20Haas-Ferrari52 +1 volta15 Ret 23 Alexander AlbonWilliams-Mercedes26 13Ret 2 Logan SargeantWilliams-Mercedes22 20 Ret 18 Lance StrollAston Martin Aramco-Mercedes20 17Ret 11 Sergio PérezRed Bull Racing-Honda RBPT15 5 Ret 77 Valtteri BottasAlfa Romeo-Ferrari7 16Volta rápida: Max Verstappen (Red Bull Racing-Honda RBPT) – 1:34.183 (volta 39)Fonte:

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos10px1 Max Verstappen40010px2 Sergio Pérez22310px3 Lewis Hamilton19010px4 Fernando Alonso17410px5 Carlos Sainz150Fonte:

Clasificación do campionato de construtores Pos.} Construtor Puntos1 Red Bull Racing-Honda RBPT*62310px2 Mercedes30510px3 Ferrari28510px422110px5 McLaren-Mercedes172Fonte:

Os competidores en negra e marcados cun asterisco son os Campións do Mundo de 2023. Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Ligazóns externas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 2023 Categoría:Gran Premio do Xapón de Fórmula 1