A igrexa de San Clemente de Taüll (en ) é unha igrexa románica que se atopa na localidade de Taüll, no concello de La Vall de Boí. Atópase na entrada suroeste do centro de Taüll, ao bordo da estrada L-501. Non está moi lonxe da de Santa María de Taüll, que está situada na praza da vila. En 1931, foi declarada Monumento Histórico-Artístico (Ben de Interese Cultural) e en 2000, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, dentro do conxunto das igrexas románicas catalás da Vall de Boí.

Historia Ao igual ca o resto igrexas de La Vall de Boí, a de San Clemente de Taüll foi obxecto da venda e troco no ano 1064 polos condes de Pallars Sobirà, Artau I e a súa muller Llúcia de la Marca, aos condes de Pallars Jussà, Ramon V e a súa muller Valença de Tost, xunto co castelo de Erill e outras posesións.

A primeira mención específica da igrexa é de 1123: o 10 de decembro foi consagrada por San Ramón, bispo de Roda,.páx. 103 xusto un día antes de consagrar Santa María de Taüll, igrexa coa que compartiu parroquia durante case toda a Idade Media. Existe unha terceira igrexa en Taüll: San Martiño. A data de consagración de San Clemente de Taüll conservouse nunha pintura mural románica no interior mesmo da igrexa.

En calquera caso, San Clemente semella ser o intento marrado dos señores de Erill de estabelecer un núcleo monástico no val.

Na Baixa Idade Media, e por pertencer ao Condado de Pallars, La Vall de Boí pasou ao bispado de Urgell, onde gozou dun réxime especial, xa que o conxunto das parroquias estaba rexido por un conxunto de correitores, que chegaban a oito nalgúns períodos. Estes correitores tiñan que ser fillos de La Vall de Boí; o santuario de Caldes de Boí actuaba como centro coordinador das parroquias do val.

O 5 de setembro de 1907 foi un dos lugares polos que pasou a Missió arqueològico-jurídica a la ratlla d'Aragó, organizada polo Institut d'Estudis Catalans coa misión de protexer o patrimonio artístico catalán. O equipo estaba formado por Josep Puig i Cadafalch, Guillem Marià Brocà, Josep Gudiol, Josep M. Goday e Adolf Mas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Adell i Gisbert, Joan-Albert [et al.]. "Sant Climent de Taüll", a Catalunya romànica. XVI. La Ribagorça. Barcelona: 1996, Enciclopèdia Catalana. Chordá, Frederic. El ábside de Sant Climent de Taüll, Casimiro libros, Gavín, Josep M. Inventari d'esglésies. 2. Baixa Ribagorça, Alta Ribagorça, Vall d'Aran. Barcelona: Arxiu Gavín, 1978. Junyent, Eduard. Rutas románicas de Cataluña/I. Madrid: Editorial Encuentro, 1995. . Centre del Romànic de la Vall de Boí. El Conjunt Romànic de la Vall de Boí [fulletó] . 2017, Centre del Romànic de la Vall de Boí Outros artigos Ábsida central de San Clemente de Taüll Igrexas románicas catalás da Vall de Boí

Categoría:Igrexas románicas de Cataluña Categoría:Patrimonio da Humanidade en Cataluña Categoría:Provincia de Lleida