A lingua kutenai (/ˈkuːtəneɪ, -i/), tamén coñecida como kootenai, kootenay, ktunaxa e ksanka, é a lingua nativa do pobo kutenai que habita en Montana e Idaho nos Estados Unidos e na Columbia Británica, no Canadá. É considerada unha lingua illada, sen relación coas linguas salish faladas polas tribos veciñas da costa e a chaira do interior. O pobo kutenai tamén fala ʔa·qanⱡiⱡⱡitnam, a lingua de sinais ktunaxa. Segundo o censo de 2016 tiña 345 falantes.O kutenai está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Clasificación O kutenai é considerado tradicionalmente unha lingua illada. Houbo intentos de clasificar o kutenai nunha familia de linguas macro-algonquinas ou macro-salish, máis recentemente coa familia salish, mais non foron xeralmente aceptados como probados.Marianne Mithun. The Languages of Native North America (1999, Cambridge).Lyle Campbell. American Indian Languages: The Historical Linguistics of Native America (1997, Oxford).

Tipoloxía Ao igual ca outras linguas da zona, o kutenai ten un rico inventario de consoantes e un pequeno repertorio de vogais, aínda que hai alófonos das tres vogais fonémicas básicas. A falta dunha distinción fonémica entre as consoantes sonoras e as xordas é igual a outras linguas da zona. Dado que o kutenai está na periferia desta área lingüística, a perda dun rico inventario lateral é consistente con outras linguas próximas, que agora só teñen unha ou dúas consoantes laterais. Un destes grupos lingüísticos contén as linguas sahaptianas, que tiveron unha perda similar de laterais. A lingua nez perce ten , e crese que é a africada lateral na protolingua. O nez perce, como o kutenai, atópase na periferia oriental da área lingüística do noroeste.

Outra análise tipolóxica investiga a categoría léxica dos preverbos en kutenai. Esta categoría léxica distingue as linguas algonquinas veciñas, que se atopan ao leste das Montañas Rochosas Kootenay e preto da área lingüística kutenai.Dryer, Matthew S. 2002. "A comparison of Preverbs in Kutenai and Algonquian." In D. Pentland (Ed.), Proceedings of the Thirtieth Algonquian Conference (pp. 63-94). Winnipeg: University of Manitoba. Outra relación tipolóxica que o kutenai podería ter é a presenza dun sistema de obviación.Dryer, Matthew S. 2007. "Kutenai, Algonquian, and the Pacific Northwest from an areal perspective." In H. Wolfart (Ed.), Proceedings of the Thirty-Eighth Algonquian Conference (pp. 155-206). Winnipeg: University of Manitoba.Dryer, Matthew S. 1992. "A comparison of the obviation systems of Kutenai and Algonquian." Papers of the 23rd Algonquian Conference. Ottawa: Carleton.

Status actual En 1969, a lingua kutenai era falada por 446 indíxenas rexistrados no Canadá. No ano 2021, as estatísticas do Canadá reportaron 210 falantes de ktunaxa. Segundo os achados do programa de coñecemento tradicional e lingua do Consello da Nación Ktunaxa (KNC), o estudoso de ktunaxa Christopher Horsethief afirmou que quedan 24 falantes fluídos e todos teñen máis de 65 anos.

No ano 2012, o pobo ktunaxa do Canadá comezaron a traballar en esforzos de dinamización lingüística. Os consellos tribais das comunidades separadas da nación ktunaxa achegaron unha selección de gravacións de son de palabras e frases kutenai a FirstVoices, un catálogo en liña das linguas indíxenas de América do Norte. En novembro de 2017, a páxina en ktunaxa tiña 2500 palabras e 1114 frases, historias e cancións arquivadas, así como unha aplicación de aprendizaxe da lingua e un titor de FirstVoices. O titor de FirstVoices ofrece leccións e prácticas nesta lingua. A aplicación da lingua ktunaxa, accesible para dispositivos iOS e Android, é un dicionario ktunaxa que utiliza as gravacións de son de palabras e frases, e achega tarxetas con son e vocabulario que se atopa na páxina web de FirstVoices. A nación ktunaxa pretende dirixirse ás xeracións máis novas cos materiais de FirstVoices para ensinar a lingua kutenai con fluidez.Pagliaro, J. 2010. "Technology gives dying languages voice." Geolinguistics 37: 114-116.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Campbell, Lyle (1997). American Indian languages: The historical linguistics of Native America. New York: Oxford University Press. . Dryer, Matthew S (2002). A Comparison of Preverbs in Kutenai and Algonquian. In Proceedings of the Thirtieth Algonquian Conference, edited by David Pentland, pp. 63–94. Winnipeg: University of Manitoba. Dryer, Matthew S. (2007). "Kutenai, Algonquian, and the Pacific Northwest from an areal perspective". In, Proceedings of the Thirty-Eighth Algonquian Conference, edited by H. C. Wolfart, pp. 155–206. Winnipeg: University of Manitoba.

Garvin, Paul. 1947. Christian Names in Kutenai. International Journal of American Linguistics 13: 69–77. Garvin, Paul. 1948a. Kutenai Lexical Innovations. Word 4: 120–126. Garvin, Paul. 1948b. Kutenai I: Phonemics. International Journal of American Linguistics 14: 37–42. Garvin, Paul. 1948c. Kutenai II: Morpheme Variation. International Journal of American Linguistics 14: 87–90. Garvin, Paul. 1948d. Kutenai III: Morpheme Distributions (prefix, theme, suffix). International Journal of American Linguistics 14: 171–178. Garvin, Paul. 1951a. Kutenai IV: Word Classes. International Journal of American Linguistics 17: 84–97. Garvin, Paul. 1951b. L’obviation en Kutenai: échantillon d’une catégorie grammaticale amérindienne. Bulletin de la Société de Linguistique de Paris 47: 166–212. Garvin, Paul. 1953. Short Kutenai Texts. International Journal of American Linguistics 19: 305–311. Garvin, Paul. 1954. Colloquial Kutenai Text: Conversation II. International Journal of American Linguistics 20: 316–334. Horsethief, Christopher (2012). "Re-differentiation as collective intelligence: The Ktunaxa language online community". In, Proceedings of Collective Intelligence Conference, Doctoral Program in Leadership Studies Gonzaga University, eprint arXiv:1204.389. arXiv:1204.3891 Mithun, Marianne (2000) The Languages of Native North America. Cambridge: Cambridge University Press. Morgan, Lawrence Richard (1991) A Description of the Kutenai Language. University of California, Berkeley. Unpublished.

Ligazóns externas First Nations Languages of British Columbia Ktunaxa page Ktunaxa language at languagegeek.com Resources in and about the Kutenai language at language-archives.org

Categoría:Linguas illadas Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas Categoría:Linguas amerindias do Canadá Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América