Martín Ochoa Ruiz, nado en Logroño o 20 de decembro de 2004, é un futbolista español que xoga como dianteiro centro no Ourense CF, da Primeira Federación, cedido polo Deportivo da Coruña.

Traxectoria

Categorías inferiores Nado en Logroño, comezou a destacar na Escola de Fútbol de Logroño, ingresando a continuación na canteira da UD Logroñés. No seu primeiro ano de cadete marcou 51 goles, o que espertou o interese do Deportivo da Coruña, que o fichou ao remate desa mesma campaña, xunto ao seu compañeiro Mario Nájera. Na súa primeira tempada co cadete do Deportivo, foi o segundo máximo goleador da División de Honra Galega, con 29 goles en 24 partidos, superado só polo céltico Compa. Na seguinte campaña pasou ao equipo xuvenil, e xogando coa escuadra B foi o máximo anotador da seu grupo da Liga Nacional, con 23 dianas en 20 encontros. Xogou ademais dous partidos co Xuvenil A, que esa campaña conseguiu os títulos da División de Honra e da Copa de Campións.

Tras sufrir unha lesión que o afastou durante meses dos terreos de xogo reapareceu en outubro de 2021 e disputou o histórico partido da Liga Xuvenil da UEFA ante o Dynamo de Kíiv que congregou a máis de 20.000 seareiros no estadio de Riazor. Na quenda de penaltis conseguiu anotar o seu lanzamento, pero o equipo de Manuel Pablo caeu eliminado. No campionato da División de Honra marcou 22 goles, sendo o terceiro máximo goleador do Grupo 1, superado só por Mario Fuente e Neco Celorio.

Fabril Na tempada 2022/23 contaba aínda con ficha xuvenil, pero xogou principalmente co Fabril de Óscar Gilsanz na Terceira División RFEF. Co filial deportivista proclamouse campión da categoría, conseguindo así o ascenso, e foi ademais o máximo goleador do Grupo I, con 16 tantos.

Deportivo O 26 de agosto de 2023 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, na primeira xornada da tempada 2023/24 da Primeira Federación ante o Rayo Majadahonda, substituíndo nos minutos finais a Barbero. Disputou un total de 12 partidos co primeiro equipo e anotou un importante gol ante o Sabadell, co que o Deportivo sumou unha vitoria de cara ao ascenso que finalmente conseguiu.

Lugo Para a tempada 2024/25 saíu cedido ao Lugo, da Primeira Federación. No club lucense alternou titularidades con suplencias e contabilizou 30 partidos (13 saíndo dende o once inicial), sumando un gol en liga e outro na Copa Federación.

Arenteiro Na seguinte tempada volveu saír cedido a un club galego da Primeira Federación, desta vez ao Arenteiro. Militou menos de cinco meses no club verde, disputando 18 partidos, 7 deles como titular, e marcando un gol ante o Bilbao Athletic. En xaneiro de 2026 deixou O Carballiño e foi cedido a outro club da mesma provincia e categoría, o Ourense CF.

Selección española O 26 de abril de 2022 debutou coa selección española sub-18, nun partido ante a sub-20 de Marrocos en Rabat.

Palmarés Fabril Terceira División RFEF (1): 2022/23.

Deportivo da Coruña Primeira Federación (1): 2023/24.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiOutrosInclúe partidos de Copa Federación.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesFabril2021/223º RFEF10----102022/233º RFEF2716----27162023/242º RFEF91----91Total club371700003717Deportivo da Coruña2023/241ª RFEF 11 1 10- - 121Lugo2024/251ª RFEF2810021302Arenteiro2025/261ª RFEF18100--181Total carreira 94 20 102 1 9721

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente .

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados en Logroño Categoría:Futbolistas da Rioxa Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do CD Arenteiro Categoría:Xogadores do Ourense CF