Os Premios Artesanía de Galicia son un galardón de periodicidade irregular outorgado pola Xunta de Galicia que se vén outorgando dende 2008 para recoñecer e fomentar o labor dos artesáns en Galicia, especial pero non unicamente en téxtil e moda, xoias e bixutería e cerámica e olería. Os premios consisten en tres categorías, que en 2008 e 2009 foron Premio Artesanía de Galicia, Premio Innovación e Premio Novos Creadores, e que posteriormente pasaron a ser Premio Artesanía de Galicia, Premio Traxectoria e Premio Bolsa Eloy Gesto. Os premiados nas tres modalidades foron os seguintes: convocatoria Premio Artesanía de Galicia Premio Innovaciónmáis tarde Premio Traxectoria Premio Novos Creadoresmáis tarde Premio Bolsa Eloy Gesto 2008 José Luis Latas Vilanova David Soengas Ben (deserto) 2009 María de los Ángeles Merino Ballesteros José Elías González Prieto e María Dolores López Vázquez Sabela Orgueira Viqueira 2014 Marta Armada Domingo Ayaso Verónica Moar 2016 Noroeste Obradoiro Julio Lado Madriguera Workshop 2017 Rodrigo Riveiro Obdulia Rodríguez González Paula Ojea 2018 Witchneeds Manuel Castro Romero "Lolo" Cristina Velasco 2019 Frank Buschmann Agustín Vázquez Minia Banet 2020 Traxandaina Traxe Tradicional Ricardo Rivas Loaira Pérez Pérez (Raposiñas) 2021 Idoia Cuesta Álvaro Seivane Magide (Obradoiro de Gaitas Seivane) Julia de la Cal (La Parabólica) 2022 Laura Delgado Cerámica Carmen Riveiro (Liño de Galicia) Julia Vilariño
Notas
Véxase tamén Outros artigos Premio de artesanía Antonio Fraguas Fraguas da Deputación da Coruña Premio Nacional de Artesanía do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
categoría:Artesanía de Galicia *