Michelle Clemente Escotet, nada en Caracas o 7 de decembro de 1994, é unha exfutbolista venezolana, que xogaba como centrocampista. Foi internacional coas categorías inferiores da selección venezolana. Dende 2023 é membro do Consello de Administración do Deportivo da Coruña, club do que é propietario o seu tío Juan Carlos Escotet por medio de Abanca.

Traxectoria Naceu en Caracas, filla de Gonzalo Clemente e Aurora Escotet. Súa nai é irmá do multimillonario Juan Carlos Escotet, a maior fortuna de Venezuela. Estudou no colexio Humboldt de Caracas, onde practicou varios deportes (fútbol, atletismo, tenis, natación e voleibol), antes de continuar os seus estudos na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill.

Foi internacional coa selección sub-17 de Venezuela, coa que disputou a Copa do Mundo sub-17 de 2010 en Trinidad e Tobago, e coa selección sub-20. En 2017 instalouse xunto ao seu irmán en Galicia. Xestionou negocios de hostalaría na Coruña e fichou polo Deportivo da Coruña Feminino para xogar co seu filial na Liga Galega, logrando o ascenso á Primeira Nacional na tempada 2018/19, na que marcou 8 goles en 23 partidos.

En xuño de 2023 converteuse en novo membro do Consello de Administración do Deportivo da Coruña.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos da xogadora en LaPreferente .

Categoría:Nados en Caracas Categoría:Nados en 1994 Categoría:Futbolistas de Venezuela Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadoras do Deportivo da Coruña Feminino