A tempada 1989-1990 da Naisten SM-sarja foi a oitava tempada da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Un total de sete equipos tomaron parte na competición. Por primeira vez na historia da liga introducíronse os play-offs polo título, que constaron de semifinai e finais.

Ao final da tempada o Ilves de Tampere conseguiu o quinto título da súa historia.

Estrutura da tempada A competición constou dunha liga regular a dobre volta na que cada equipo disputou un total de 12 encontros, e foron introducidos os play-offs polo título, que constaron de semifinai e finais, ademais dun partido pola medalla de bronce. O sistema de puntuación concedeu dous puntos pola vitoria, un polo empate e o equipo perdedor non sumaba ningún punto.

Os catro mellores equipos da liga regular clasificáronse para as semifinais, que se xogaron en series ao mellor de tres encontros, os gañadores de cada unha das dúas series disputaron as finais, tamén ao mellor de tres encontros, mentres que os outros dous equipos xogaron un partido para decidir a medalla de bronce do campionato finés.

Equipos participantes Na tempada 1989-90 o número de equipos da liga reduciuse a sete logo das renuncias do Sport de Vaasa, que foi substituído polas Tiikerit de Hämeenlinna, e o IFK de Helsinqui.

NomeCidadeEVU VantaaIlves TampereIlves-Kiekko TampereSaiPa LappeenrantaShakers KeravaTiikerit HämeenlinnaÄssät Pori

Liga regular Ao final da liga regular o EVU de Vantaa finalizou na primeira posición con 21 puntos logo de gañar 10 partidos, empatar un e perder outro. O Ilves foi o equipo máis goleador con 105 goles a favor, metres que o EVU foi o menos goleado logo de encaixar tan só 10 goles. Por contra as Tiikerit de Hämeenlinna foron o equipo que máis goleado (104) e o que menos goles anotou (6). O Ilves protagonizou unha vez máis as maiores goleadas, como o 16-0 e o 0-14 fronte ás Tiikerit.

Ao final da tempada as Tiikerit finalizaron na última posición e tiveron que xogarse a permanencia fronte as TPS de Turku.

Clasificación Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts1EVU 12 10 1 1 55 10 +45 212Ilves 12 10 0 2 105 12 +93 203Shakers 12 8 2 2 44 31 +13 184SaiPa 12 6 1 5 37 48 -11 135Ässät 12 4 0 8 26 44 -18 86Ilves-Kiekko 12 2 0 10 21 45 -24 47Tiikerit 12 0 0 12 6 104 -98 0

Resultados EVUIlvesShakersSaiPaÄssätIlves-KTiikerit EVU 1-0 3-0 5-2 3-0 8-0 8-0 Ilves 6-0 2-3 11-2 10-1 6-2 16-0 Shakers 2-2 0-10 4-2 5-1 4-2 7-1 SaiPa 0-6 2-14 4-4 4-0 4-1 4-0 Ässät 0-4 1-6 3-5 1-2 3-2 9-1 Ilves-K 0-4 0-10 0-1 1-2 1-2 10-0 Tiikerit 0-11 0-14 1-9 1-9 1-5 1-2

Líderes de anotación A xogadora do Ilves Marianne Ihalainen foi a máxima puntuadora da liga regular, rexistrando 33 puntos en 12 partidos. Ihalainen foi a máxima goleadora con 21 goles, así como a líder en asistencias con 12. Katri Javanainen, do Ässät, pola súa banda foi a xogadora máis penalizada cun total de 34 minutos de penalización.

XogadoraEquipo1Marianne IhalainenIlves1221123302Anne HaanpääIlves12131124183Kirsi RasaSaiPa12101121104Liisa KarikoskiEVU121181925Tiina PihalaIlves129101912

Play-offs

Semifinais EVU (1) vs SaiPa (4) EVU – SaiPa EVU SaiPa 2–3 (OT) SaiPa EVU 0–1 EVU SaiPa 7–3 O EVU gaña a serie 2-1.

Ilves (2) vs Shakers (3) Ilves – Shakers Ilves Shakers 3–0 Shakers Ilves 0–7 O Ilves gaña a serie 2-0.

Partido polo bronce

Finais EVU – Ilves EVU Ilves 0–5 Ilves EVU 4–1 O Ilves gaña as finais 2-0.

Estatísticas das series Xogadoras XogadoraEquipo1Kirsi RasaSaiPa 4 5 2 7 02Katja PirinenSaiPa 4 2 5 7 03Marika LehtimäkiIlves 4 1 5 6 0

Equipo campión O equipo do Ilves que conquistou o campionato finlandés feminino en 1990 estivo integrado polas seguintes xogadoras:

Campión feminino de FinlandiaIlves Porteiras: Liisa-Maria Sneck, Katri Ahvenjärvi

Patinadoras: Marianne Ihalainen, Anne Haanpää, Tiina Pihala, Tiia Reima, Anne Nurmi, Sari Saha, Jenni Leinonen, Päivi Halonen, Jaana Peltonen, Jaana Rautavuoma, Jaana Rautavuoma, Kirsi Hirvonen, Marika Lehtimäki, Leena Majaranta, Maarit Rastas, Miia Lehtimäki, Eija Sorvari </div>

Series pola permanencia O último clasificado da liga regular, as Tiikerit, tiveron que xogarse a permanencia na máxima categoría fronte o segundo clasificado da I-divisioona (segunda categoría), o TPS.

Logo das series pola permanencia, as xogadoras do TPS de Turku conseguiron o ascenso de categoría, mais a renuncia a competir na máxima categoría por parte do Etelä-Vantaan Urheilijat e o Ilves-Kiekko fixo que ascendera á máxima categoría o KalPa de Kuopio.

TPS – Tiikerit Tiikerit TPS 2–4 TPS Tiikerit 3–1 O TPS gaña a serie 2-0.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da Naisten Liiga

1989 Categoría:Hóckey sobre xeo en 1989 Categoría:Hóckey sobre xeo en 1990