Einés de Roma, máis coñecida como Santa Einés, coa variante Inés, foi unha virxe romana, que sufriu o martirio, durante a persecución de Diocleciano, no ano 304. Xunto con Santa Icía, é unha das mártires máis populares.

Traxectoria Segundo as Actas dos mártires, Einés era unha bela moza proveniente dunha nobre familia romana. Tivo varios pretendentes, aos que rexeitou por declararse fiel amante de Cristo. Entre eles contábase o fillo do prefecto de Roma, quen a denunciou ao seu pai por ser cristiá. Naqueles tempos, os cristiáns atopábanse baixo a persecución de Diocleciano e condenábaselles coa morte se se negaban a santificar aos deuses romanos.

Foi xulgada e sentenciada a vivir nun prostíbulo onde, milagrosamente, permaneceu virxe. Segundo as Actas do seu martirio, aínda que foi exposta espida, os cabelos crecíanlle de maneira que tapaban o seu corpo. O único home que tentou abusar dela quedou cego, pero Inés curouno a través das súas pregarias. Máis tarde foi condenada á morte, e, cando ía ser degolada, o verdugo tentou que abxurase, pero non o conseguiu.

Foi sepultada na Vía Nomentana. Poucos días despois da súa morte atopouse coa súa mellor amiga e irmá de leite, unha moza da súa idade chamada Santa Emerenciana, rezando xunto á tumba; cando Santa Emerenciana increpou aos romanos por matar á súa amiga, foi morta a pedradas.

Véxase tamén

Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Einés

Notas Categoría:Nados en Roma Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Venerados pola Comuñón Anglicana

Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia