Emilia Gómez Quintero Calé, de nome completo Emilia Telesfora Lorenza Juana Francisca Gómez Quintero Calé, máis coñécida como Emilia Quintero ou Emilia Quintero Calé, nada na Coruña o 5 de xaneiro de 1864 e finada en Madrid en febreiro de 1934, foi unha pianista e compositora galega.
Traxectoria
Primeiros anos e familia Emilia naceu nunha familia con tradición artística, foi a máis vella de cinco irmáns, dúas delas xemelgas; a súa nai era Emilia Calé, poeta en lingua castelá e correspondente da Real Academia Galega desde 1906, e o seu pai o xornalista e escritor Lorenzo Gómez Quintero. Por parte materna houbo diversos arpistas e organistas no século XVIII. Tamén eran parentes de Teodosio Vesteiro Torres, quen lle dedicou unha polca á súa "sobriña" (en realidade curmá en segundo grao) Emilia Quintero e de Luís Villardefrancos Calé. A principios da década de 1870 viviron en Madrid, onde Emilia Quintero recibiu formación musical. No domicilio familiar, na rúa Estrella nº 7, fundouse a sociedade Galicia Literaria, e a vivenda foi frecuentada por figuras como Francisco Añón, Manuel Curros Enríquez, Andrés Muruais e o seu irmán Jesús, entre outros. miniatura|Libro de Actas de Galicia Literaria, asociación fundada na vivenda de Emilia Calé.|370x370px A familia trasladouse a Ferrol na década de 1880, onde Emilia comezou a impartir clases de piano e a actuar en diversos eventos. A soprano Carolina Casanova era amiga da familia, e Emilia Calé dedicoulle un poema de homenaxe que lle leu durante unha interpretación ao piano da filla Emilia Quintero. Tamén era amiga íntima da arpista Gloria Keller.
En 1890, a familia mudouse a Lugo debido a un cargo oficial que o seu pai comezou a desempeñar naquela cidade, onde foi nomeada socia de mérito da Asociación de Escritores e Artistas. En 1894 casou co capitán de Infantaría Fernando Orúe, de 39 anos.
Carreira musical A carreira de Emilia destaca dende moi nova. As súas interpretacións abarcaban obras de compositores como Mozart, Rossini, Beethoven, Listz, Chopin e do seu mestre Dámaso Zabalza. A súa habilidade técnica e a súa expresividade conquistou ao público e aos críticos, que eloxiaron amplamente as súas interpretacións. A súa carreira levouna a cidades galegas como as catro capitais de provincia, Ferrol e Vigo, ademais de Madrid e outras partes de España e Porto e outras cidades de Portugal.
Legado literario Emilia tamén mostrou unha inclinación pola escritura, chegando a recitar poemas da súa nai, a poetisa Emilia Calé Torres, nos seus concertos. Ademais, recibiu poemas en lingua galega dedicados a ela por outros artistas contemporáneos, como Manuel Amor Meilán ou Luís Villardefrancos ("Á miña curmán á notabre pianista Emilia Quintero Calé"), entre outros, e Curros Enríquez (en castelán).
O historiador Carlos Pereira Martínez dedicoulle diversos artigos e conferencias.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos La Galicia Literaria
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1934 Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Pianistas de Galicia