O castelo de Cheverny (en francés: Château de Cheverny) é un palacete rural, de estilo renacentista con museo, un parque con orangerie e xardíns de estilo francés, inglés e contemporáneo, que conta cun pavillón e un arboreto de 100 hectáreas de extensión de propiedade privada, localizado na comuna de Cheverny (Francia).

O edificio está situado no interior do Val do Loira e está inscrito como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.;

Localización O château de Cheverny está situado no territorio da comuna de Cheverny, na rexión de Centro-Val do Loira, ao sur da cidade de Blois e a poucos quilómetros de distancia do tamén célebre château de Beauregard.

O código postal do château de Cheverny é o 41700.

Historia O castelo de Cheverny é actualmente un dos castelos máis famosos dos Países do Loira e pertence aos descendentes da familia Hurault, coñecida en Blois dende o século XIII.

Esta familia de financeiros e oficiais ilustrouse ao servizo de cinco reis de Francia, dende Jacques (xeneral de Finanzas de Lois XII) até Philippe (chanceler de Enrique III e despois de Enrique IV) e o seu fillo Henri e a condesa Marquerite, que mandan construír cara a 1620 un novo palacio inspirado na obra dos mellores artistas da época.

O arquitecto Boyer de Blois e o pintor decorador de Cheverny, Jean Monier, traballaron para a raíña María de Médicis no Palacio de Blois e no Palacio de Luxemburgo en París.

Á vangarda da súa época, con Cheverny inventouse a arquitectura á francesa na primeira metade do século XVII.

O castelo de Moulinsart Artigo principal: Moulinsart thumb|dereita|Castelo de Moulinsart. Nas historietas As aventuras de Tintín do autor belga Hergé, o autor inspirouse no castelo de Cheverny para crear o castelo de MoulinsartCastelo de Moulinsart. E.tintin.tk.free.fr. (traducido como Mansión Pasador), e é a residencia oficial do capitán Archibald Haddock, a cal aparece por primeira vez na banda deseñada O segredo do Alicorno.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Museos de Francia Categoría:Patrimonio da Humanidade en Francia Categoría:Castelos de Francia