Carl's Date é unha curtametraxe estadounidense de 2023 producida por Pixar Animation Studios, escrita e dirixida por Bob Peterson e producida por Kim Collins. Está protagonizada polas voces de Ed Asner (nun dos seus derradeiros papeis antes da súa morte en 2021) e Peterson. A curtametraxe conta a historia de Carl Fredricksen (Asner), quen de mala gana vai á súa primeira cita dende a morte da súa defunta esposa Ellie, mais non ten nin idea de como funcionan as citas. Orixinalmente ía ser estreada en Disney+ como a sexta e última entrega da serie Dug Days, mais Carl's Date estreouse en cinemas o 16 de xuño de 2023 xunto co filme de Pixar Elemental.
Personaxes Ed Asner como Carl Fredricksen Bob Peterson como Dug o Alfa
Notas
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Curtametraxes de Pixar Categoría:Filmes sobre a vellez