A Melitaea parthenoides é unha bolboreta da familia Nymphalidae descrita por Keferstein en 1851. Pódese atopar no sur de Europa occidental, máis especificamente na Península ibérica, ao suroeste de Francia e Alemaña, partes dos Alpes italianos, Ligures e Cottianos, e algunhas rexións de Suíza. http://www.butterfliesoffrance.com/html/Melitaea%20parthenoides.htm Melitaea parthenoides

Descrición A envergadura das súas ás é de entre 28 a 34 mm. En climas secos, con clima favorable os adultos son bivoltinos, voan en dúas xeracións, de maio a xuño e de agosto a setembro. En altitudes altas, é univoltina cunha xeración de xuño a xullo. http://www.lepiforum.de/lepiwiki.pl?Melitaea_Parthenoides Melitaea parthenoides

As eirugas aliméntanse da especie Plantago, pero principalmente Plantago lanceolata.

Hábitat Zonas con herba, abertas con flores, límites de bosques.Tolman e Lewington ISBNː84-87334-36-9

Bioloxía A eiruga aliméntase de Plantago lanceolata, Plantago alpina, e Plantago media.

Ovos agrupados no envés das follas, as eirugas aliméntanse e hibernan en grupo, dispersándose nos seus últimos estadios de crecemento.Tolman e Lewington ISBNː84-87334-36-9

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas lepiforum.eu funet.fi Fauna Europaea

Categoría:Animais descritos en 1851 Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia