Phebe Hemphill, nada en West Chester, Pensilvania, o 25 de abril de 1960, é unha escultora e gravadora estadounidense vinculada á Casa da Moeda dos Estados Unidos, recoñecida polos seus deseños de moedas estadounidenses circulantes e conmemorativas.

Traxectoria

Hemphill naceu o 25 de abril de 1960 en West Chester, Pensilvania,"Hemphill, Phebe (1960- ) sculptor". Medalartists.com filla de Dallett Hemphill e de Ann Cornwell."Dallett Hemphill". Findagrave.comPrice, B. (1998). "Dallett Hemphill, 74; W. Chester Lawyer". En The Philadelphia Inquirer. 5 de novembro. Varios membros da súa familia, entre eles o seu pai e o seu avó, estaban interesados no coleccionismo de moedas e medallas. Unha das súas fontes de inspiración foi o seu avó Gibbons Gray Cornwell, que se dedicou á escultura en baixorrelevo e quen, pola súa vez, se vira influído por unha familiar, Martha Jackson Cornwell, que fora alumna de Augustus Saint-Gaudens,"Cornwell, Martha Jackson". En Leonard, J. W. (1914). Woman's Who's who of America: A Biographical Dictionary of Contemporary Women of the United States and Canada, 1914-1915. American commonwealth Company, Nova York. Páxina 207. na década de 1890, na Arts Students League."CoinWeek IQ Coin Designer’s Profile: Phebe Hemphill". En Coin Week. 26 de agosto de 2015.

Hemphill asistiu á escola feminina Agnes Irwin, en Filadelfia, Pensilvania, onde se graduou en 1978."Sculpting History into Gold Medals ". En AIS Magazine. Primavera de 2013. Páxina 27. Posteriormente formouse como artista na Academia de Belas Artes de Pensilvania, onde se graduou en 1987, e tamén foi alumna do escultor Evangelos Frudakis.Loviglio, J. (2016). "PAFA Alum's Creations Right in Your Pocket". Pennsylvania Academy of the Fine Arts (PAFA.org). 3 de febreiro.

Concluída a súa etapa formativa, en 1987 Hemphill incorporouse ao departamento de escultura da ceca privada Franklin Mint, onde permaneceu ata 2002, traballando en porcelana e na arte da medalla. De 2002 a 2005 traballou como escultora independente en McFarlane Toys, en Bloomingdale, Nova Jersey, e tamén para outras empresas, creando medallas, bonecas, figuriñas de xardín e xoguetes, entre outros traballos.

Desde 2006 está vinculada profesionalmente á Casa da Moeda dos Estados Unidos, na súa Ceca de Filadelfia."Medallic sculptors join U.S. Mint staff". En Numismatic News. 21 de xullo de 2008. Como creadora de moedas, Hemphill admite a influencia e amosa a súa admiración por outros artistas que a precederon, como os estadounidenses Adolph A. Weinman e Augustus Saint-Gaudens, ou os franceses Jules Clement Chaplain, Oscar Roty e Daniel Dupuis.

No seu traballo utiliza métodos tanto dixitais como tradicionais, ademais de crear deseños das moedas e as medallas en discos de arxila de tamaño máis grande.Unser, M. (23013). "US Mint Artists at Philadelphia Sculpt Digitally and in Clay". En CoinNews.net. 6 de setembro.

Sobre a súa dedicación ao deseño e o gravado de medallas e moedas, Hemphill declarou:

A obra de Hemphill foi exposta na Sociedade Nacional de Escultura, na Asociación Americana de Escultura Medallística, na FAN Gallery de Filadelfia e na West Chester University.

Recoñecementos

2000: perceptora da bolsa Alex J. Ettel Grant, da Sociedade Nacional de Escultura dos EEUU. 2001: Premio de Escultura Renacentista, da Franklin Mint.

Obra miniatura|300x300px|Medio dólar de 2013 dedicado aos xenerais de 5 estrelas dos EEUU. Ambas as caras foron deseñadas e gravadas por Phebe Hemphill. Na Casa da Moeda dos Estados Unidos, ademais de se encargar do gravado de cuños sobre deseños doutros autores, Hemphill foi tamén a autora do deseño dun bo número de moedas e medallas. En todas elas, a modo de marca de gravadora, figuran as súas iniciais: PH."Phebe Hemphill". United States Mint.

Escolma de traballos Anversos da serie do dólar presidencial: John Tyler (2009),"John Tyler Presidential $1 Coin ". United States Mint. James Buchanan (2010),"James Buchanan Presidential $1 Coin ". United States Mint. James Garfield (2011),"James Garfield Presidential $1 Coin ". United States Mint. Benjamin Harrison (2012),"Benjamin Harrison Presidential $1 Coin ". United States Mint. William McKinley (2013),"William McKinley Presidential $1 Coin ". United States Mint. Calvin Coolidge (2014),"Calvin Coolidge Presidential $1 Coin ". United States Mint. Herbert Hoover (2014),"Herbert Hoover Presidential $1 Coin ". United States Mint. Gerald Ford (2016)."Gerald R. Ford Presidential $1 Coin ". United States Mint. ½ dólar conmemorativo dos xenerais de 5 estrelas (2013)."½ Dollar US Army 5-Star Generals". Numista.com Reversos de cuartos de dólar dos 50 estados: Oklahoma (2008)."Oklahoma State Quarter ". United States Mint. Reversos de cuartos de dólar do Distrito de Columbia e dos territorios dos Estados Unidos: Illas Marianas do Norte (2009)."Northern Mariana Islands Quarter ". United States Mint. Reversos de cuartos de dólar da serie America the Beautiful: Gran Canón (2010),"¼ Dollar "Washington Quarter" Grand Canyon". Numista.com Mount Hood (2010),"¼ Dollar "Washington Quarter" Mount Hood". Numista.com White Mountain (2013),"¼ Dollar "Washington Quarter" White Mountain". Numista.com Shenandoah (2014)."¼ Dollar "Washington Quarter" Shenandoah National Park". Numista.com Reverso das Moedas conmemorativas do 50º aniversario do Apollo 11 (2919)."Apollo 11 50th Anniversary $5 Gold Coin". United States Mint."Apollo 11 50th Anniversary Silver Dollar Coin". United States Mint."Apollo 11 50th Anniversary Five Ounce Proof Silver Coin". United States Mint."Apollo 11 50th Anniversary Clad Half Dollar Coin". United States Mint. Reverso de moedas dun dólar Sacagawea: Elizabeth Peratrovich (2020)."2020 Native American $1 Coin". US Mint.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Casa da Moeda dos Estados Unidos

Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados no condado de Chester, Pensilvania Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Pennsylvania Academy of the Fine Arts