A Pyrgus serratulae é unha especie de lepidóptero da familia Hesperiidae, da subfamilia Pyrginae e do xénero Pyrgus.

Taxonomía Pyrgus serratulae foi descrita por Pierre Rambur en 1839 baixo o nome inicial Hespeira serratulae.Pyrgus » funet.fi (consultado o 7 de setembro de 2012)

Subespecies

Pyrgus serratulae balcanica (Warren, 1926) Pyrgus serratulae gricescens Alberti, 1970 Pyrgus serratulae major Staudinger, 1879 Pyrgus serratulae shukshini Korshunov & Ivonin, 1996 Pyrgus serratulae uralensis Warren, 1926.

Descrición A Pyrgus serratulae é unha pequena bolboreta cunha envergadura de 24 a 28 mm, marrón escuro por riba, cunha franxa marxinal branca intercalada nas catro ás e unha ornamentación de pequenas manchas brancas na parte frontal.(Tolman et Lewington 1997)« Pyrgus serratulae » en butterfly-guide.co.uk (consultado o 7 de setembro de 2012)

O reverso é máis claro, de cor verde amarelada con manchas pequenas e brancas nas ás anteriores, as máis grandes en parte nunha franxa curta nas traseiras. miniatura| Patrón de Pyrgus serratulae, reverso.

Bioloxía

Período de voo e invernada A Pyrgus serratulae voa nunha xeración entre mediados de maio e mediados de xullo .

Plantas hóspedes As plantas hóspedes da súa eiruga son dos xéneros Alchemilla e Potentilla: Potentilla hirta, Potentilla nevadensis, Potentilla pedata, Potentilla repens, Potentilla tabernaemontani.

Ecoloxía e distribución A Pyrgus serratulae está presente dende España ata Mongolia e o nordeste da China. Está presente en todo o sur de Europa (agás Irlanda, Inglaterra e Escandinavia). En Asia, está presente en Oriente Medio, sur de Siberia, Mongolia e no nordeste da China .

Biotopo A Pyrgus serratulae reside en claros e arbustos, en lugares herbosos con flores .

Notas

Véxase tamén Bibliografía Tom Tolman e Richard Lewington (trad. do inglés), Guide des papillons d'Europe et d'Afrique du Nord, París, Delachaux et Niestlé, 1997, 381 p. (ISBN 978-2-603-01649-7), p. 326-327. Ligazóns externas Lepiforum euroButterflies Lépi'Net Papillons de Poitou-Charentes

Categoría:Lepidópteros de Asia Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas Categoría:Bolboretas de Galicia