Manuel Quintáns López, nado en 1961, é un escritor e militante independentista galego, que foi un membro do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive. O 2 de febreiro de 1989, participou na primeira acción terrorista do grupo que provocou unha vítima mortal. En 1999 foi condenado a 72 anos de cárcere pola Audiencia Nacional.

Traxectoria En 1994, a Audiencia Nacional impúxolle unha condena de 72 anos polo atentado perpetrado o 2 de febreiro de 1989 en Irixoa, no cal morreu un axente da Garda Civil, Benedicto García Ruzo, e foi ferido o seu compañeiro Antonio Pérez Freire. Tamén foi condenado a indemnizar ás súas vítimas con 480.000 euros (300.506 euros aos herdeiros do axente asasinado e 180.304 ao garda que resultou ferido). No atentado, o comando liderado por Josefa Rodríguez Porca secuestrou un vixilante xurado, rouboulle a arma e simulou un accidente de tráfico na estrada que une as localidades de Irixoa e Monfero. O obxectivo era chamar á Garda Civil e así facerse coas súas armas e uniformes. Cando os axentes chegaron ao lugar do presunto "accidente" arredor da unha da mañá, comezou un tiroteo, resultando na morte dun deles.El ex guerrilheiro juzgado por matar a un guardia civil dice que disparó «a ciegas» , La Voz de Galicia, 7/4/03 Segundo a declaración do garda civil foi Quintáns quen berrou "isto é unha trampa e ímosvos matar", e despois disparou contra el coa arma roubada ao garda xurado uns días antes.

Quintáns López foi detido ás poucas horas xunto a outro dos membros, Ramón Piñeiro Beiro, cando se atopaban agochados nun barranco preto da estrada. Foron descubertos coa pistola do vixilante xurado e a do garda civil morto. Quintáns López foi condenado xunto con outros oito integrantes do grupo terrorista: Josefa Rodríguez Porca, Francisco Javier Filgueira, Juan Carlos Deibe Varela, Manuel Irago Pereira, Alexandra de Queiroz Vaz Pinheiro, Francisco Xavier Niño Ricoy, Ramón Piñeiro Beiro e Eduardo Abad Loxo. En marzo de 1996, o Tribunal Supremo de España recoñeceu que a morte do garda civil en Irixoa non foi intencionada. Porén, non foi xulgado até 1999, xa que após a súa detención quedou en liberdade. Cando se ditou a orde de busca e captura xa marchara vivir a México e non foi localizado até pasados catro anos, preto do seu domicilio na cidade de Morelia, onde traballaba nun xornal local. En 1999, México concedeu a súa extradición, resolta en novembro, e pasou a cumprir condena no cárcere de máxima seguridade de Alcalá Meco (España).

Como escritor Durante a súa estadía no cárcere (tanto en México como en España) dedicouse a escribir contos e narracións breves. Algúns deles foron publicados en xornais mexicanos e obtivo algúns recoñecememtos literarios, como os dous segundos premios polas súas narracións breves no Premio Modesto R. Figueiredo de 2007 (por Desartellados) e 2009 (por A movida).

Obras Planeta Inferno (2007) En cana (2009) Días de muertos: extracto del expediente de Jorge López Serrano (2009)

Notas

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Membros do EGPGC Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega