Jon Olav Fosse, nado o 29 de setembro de 1959, é un escritor, dramaturgo e tradutor noruegués. Gañou o Premio Nobel de Literatura en 2023 "pola súa prosa innovadora e por dar voz ao que non se pode dicir".

A obra de Fosse consta de máis de setenta novelas, poemas, libros infantís, ensaios e pezas teatrais, que foron traducidas a máis de cincuenta linguas. Trátase do dramaturgo noruegués máis interpretado despois de Henrik Ibsen, e un dos autores máis interpretados na actualidade a nivel internacional. Os seus traballos minimalistas e introspectivos, cunha linguaxe próxima á prosa lírica e á poesía, constitúen unha continuación da tradición dramática establecida por Ibsen no século XIX. Fosse adoita ser incluído no movemento do teatro posdramático, namentres moitas da súas novelas foron descritas como posmodernas e de vangarda, en virtude do seu minimalismo, lirismo e do seu emprego heterodoxo da sintaxe.

Traxectoria Jon Olav Fosse naceu en Haugesund, Noruega. Debutou en 1983 coa novela Raudt, svart (Vermello, negro). A súa primeira obra, Og aldri skal vin skiljast, realizouse e publicou en 1994. Jon Fosse escribiu novelas, contos, poesía, libros infantís, ensaios e obras de teatro. As súas obras foron traducidas a máis de corenta idiomas. É amplamente considerado como un dos máis grandes dramaturgos contemporáneos do mundo. Fosse foi nomeado cabaleiro da Orde Nacional do Mérito de Francia en 2007. Fosse tamén se clasificou co número 83 na lista dos 100 mellores xenios vivos por The Daily Telegraph. Desde 2011, Fosse concedeuse a Grotten, unha residencia honoraria propiedade do Estado noruegués e situado nas instalacións do Palacio Real, no centro da cidade de Oslo. O uso da Grotten como residencia permanente é unha honra especial outorgada polo rei de Noruega polas súas contribucións ás artes e a cultura norueguesa. En 2023 gañou o Premio Nobel de Literatura.

Vida persoal Fosse casou tres veces. Estivo casado con Bjørg Sissel (n. 1959), unha enfermeira, de 1980 a 1992. Ao ano seguinte, casou con Grethe Fatima Syéd, unha tradutora e autora indio-noruega, aínda que máis tarde se separaron. Fosse pasa parte do seu tempo coa súa terceira esposa, Anna (m. 2011), que é eslovaca, en Hainburg an der Donau en Austria. Tamén posúe casas en Bergen e dúas máis no oeste de Noruega. Orixinalmente, era membro da Igrexa de Noruega (aínda que se describiu como ateo antes de 2012). En 2012–2013, uniuse á Igrexa Católica e meteuse voluntariamente en rehabilitación para tratar os seus problemas a longo prazo co consumo de alcohol.

Unha escrita orixinal A obra teatral de Jon Fosse caracterízase por unha escritura moi refinada, mínima, repetitiva e con pequenas variacións. A linguaxe é banal, a trama é pobre, case ausente, todo parece moi sinxelo. Pero o autor consegue crear unha tensión extrema entre os personaxes, nun mundo moitas veces moi escuro. "A linguaxe significa á súa vez unha cousa e a súa contraria e outra outra outra vez", di o autor.

A escrita de Jon Fosse non inclúe signos de puntuación, e destaca especialmente a ausencia de signos de interrogación, mentres que os personaxes buscan, agardan perpetuamente, baixo tensión: celos, exasperación, ansiedade, baleiro existencial... Frecuentemente enfrontados á súa propia soidade, os personaxes. seguen sendo estraños e non sabemos case nada do seu pasado. Están estilizados e non levan nome: desígnanse cun termo xenérico: el, ela, o fillo, o pai, un, o outro... O único que importa é o momento presente e as tensións que se exasperan entre eles. A trama en si vai depurándose ata chegar a ser case abstracta ou conceptual: o encontro, a separación, o abandono, a soidade... Moitas veces dá a impresión de estar inacabada ou de rematar nun momento de incerteza, pasaxeiro. O resultado, para o actor e o espectador, é unha sorte de frustración que excita a súa curiosidade e esperta a súa imaxinación.

Obra

Teatro

Nokon kjem til å komme (Alguén vai chegar) (escrita en 1992–93; primeira dramatización 1996). Og aldri skal vi skiljast (E nunca nos iremos separar) (1994). Namnet (O Nome) (1995). Barnet (A Crianza) (1996). Mor og barn (Nai e crianza) (1997). Sonen (O fillo) (1997). Natta syng sine songar (Melodías nocturnas) (1997). Gitarmannen (O home da Guitarra) Monólogo (1999). Ein sommars dag (Un día de verán) (1999). Draum om hausten (Soño de outono) (1999). Sov du vesle barnet mitt (Dorme meu meniño) (2000). Besøk (Visitas) (2000). Vinter (Inverno) (2000). Ettermiddag (Á tarde) (2000). Vakkert (Lindo) (2001). Dødsvariasjonar (Variacións da Morte) (2001). Jenta i sofaen (A rapariga no sofá) (2002). Lilla (Lilás) (2003). Suzannah (2004). Dei døde hundane (Os cans mortos) (2004). Sa ka la (2004). Varmt (Morno) (2005). Svevn (Dormir) (2005). Rambuku (2006). Skuggar (Sombras) (2006). Eg er vinden (Eu son o vento) (2007). Desse auga (Estes Ollos) (2009).

Obras levadas á escena

Nokon kjem til å komme (escrita en 1992–93. (1996). Og aldri skal vi skiljast (1994). Namnet (1995). Barnet (1996). Mor og barn (1997). Sonen (1997). Natta syng sine songar (1997). Gitarmannen (1999). Ein sommars dag (1999). Draum om hausten (1999). Sov du vesle barnet mitt (2000). Besøk (2000). Vinter (2000). Ettermiddag (2000). Vakkert (2001). Dødsvariasjonar (2001). Jenta i sofaen (2002). Lilla (2003). Suzannah (2004) Dei døde hundane (2004). Sa ka la (2004) Varmt (2005). Svevn (2005). Rambuku (2006). Skuggar (2006). Eg er vinden (2007). Desse auga (2009).

Prosa

Raudt, svart (Vermello, negro)(1983). Novela. Stengd gitar (Guitarra fechada) (1985, 1992, 1997). Novela. Blod. Steinen er (Sangue. A pedra é) (1987). Novela. Naustet (O barco casa) (1989, 1991, 1997, 1998, 2001). Novela. Flaskesamlaren (O apañador de botellas) (1991). Novela. Bly og vatn (Chumbo e auga) (1992). Novela. To forteljingar (Dous Contos) (1993). Novelas. Prosa frå ein oppvekst (1994). Melancholia I (1995, 1997, 1999). Novela. Melancholia II (1996, 1997, 1999). Novela. Eldre kortare prosa med 7 bilete av Camilla Wærenskjold (Prosa curta antiga com 7 retratos de Camilla Wærenskjold) (1998). Morgon og kveld (Mañá e tarde) (2000, 2001). Novela. Det er Ales (Este é Ales) (2004, 2005). Novela. Andvake (Insomnio) (2007). Novela. Kortare prosa (Prosa curta) (2011). Olavs draumar (Soños de Olav) (2012). Novela. Kveldsvævd (2014). Weariness Trilogien (2014). Trilogy, trans. May-Brit Akerholt (Dalkey Archive, 2016). Compilación de tres novelas: Wakefulness, Olav's Dreams and Weariness. Det andre namnet – Septologien I-II (2019). The Other Name: Septology I-II, trans. Damion Searls (Fitzcarraldo Editions, 2019). Eg er ein annan – Septologien III-V (2020). I Is Another: Septology III-V, trans. Damion Searls (Fitzcarraldo Editions, 2020). Eit nytt namn – Septologien VI-VII (2021). A New Name: Septology VI-VII, trans. Damion Searls (Fitzcarraldo Editions, 2021).

Contos para meniños

Uendeleg seint (1989). Kant (1990). Dyrehagen Hardanger (O Zoo Hardanger) (1993). Vått og svart (1994). Hundemanuskripta I-III (1995-1996-1997). Søster (2000).

Poesía

Engel med vatn i augene (1986). Hundens bevegelsar (1990). Hund og engel (1992). Dikt (1986–1992) Revidert samleutgåve (1995). Nye dikt (1991–1994 (1997). Dikt (1986–2001. Samla dikt. Lyrikklubben (2001). Auge i vind (2003). Dikt i samling (2011) Stein til stein (2013). Poesiar (2016). Ro mitt Hav (2019).

Ensaio

Frå telling via showing til writing (1989). Gnostiske essay (1999). An Angel Walks Through the Stage and Other Essays (2015). Dalkey Archive

Premios e distincións

Nynorsk Literature Prize (1988) Aschehoug Prize (1997) Dobloug Prize (1999) Norsk kulturråds ærespris (2003) Nynorsk Literature Prize (2003) Brage Prize (2005) Commander of the Royal Norwegian Order of St. Olav (2005) The Swedish Academy Nordic Prize (2007) The Federal Ministry of Family Affairs' Deutscher Jugendliteraturpreis (2007) Orde Nacional do Mérito de Francia (2007) Ibsen Awards 2010 Premio Nobel de Literatura (2023)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Noruega Categoría:Nados en 1959 Categoría:Escritores de Noruega Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Premios Nobel de Noruega