Mirah, nada como Mirah Yom Tov Zeitlyn en Filadelfia (Pensilvania) o 17 de setembro de 1974, é unha músico e compositora estadounidense baseada en Brooklyn, Nova York.
Traxectoria
Despois de comezar a súa carreira na escena de Olympia, Washington, a finais dos anos 90, publicou unha serie de álbums en solitaria a través de K Records que tiveron u ha boa recepción, como You Think It's Like This but Really It's Like This (2000) e Advisory Committee (2002). O seu álbum de 2009 (a)spera chegou ao número 46 da lista Billboard Top Heatseekers, e o seu álbum colaborativo de 2011 Thao + Mirah chegou ao 7. Mirah publicou once álbums en solitario e gravacións colaborativas, varios EPs e sinxelos en 7", e achegou temas a unha ampla variedade de recompilatorios. Mirah colaborou con artistas como Phil Elvrum de The Microphones, Tune-Yards, Susie Ibarra, Jherek Bischoff e Thao Nguyen.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Mirah
Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1974