alt=Zona afectada polo verquido|miniatura|Zona afectada polo vertido O accidente da fábrica de alúmina de Ajka foi unha catástrofe industrial producida en Ajka (Veszprém, Hungría) o 4 de outubro de 2010 ás 12:25 CEST (10:25 UTC), tras romper un dique liberando preto dun millón de metros cúbicos de refugallos de "lodo vermello", na Fábrica de Alúmina de Ajka (Ajkai Timföldgyár).http://www.katasztrofavedelem.hu/index2.php?pageid=lakossag_esemeny_olvas&nid=45http://index.hu/belfold/2010/10/04/iszapomles_veszprem_megyeben/http://www.telegraph.co.uk/news/worldnews/europe/hungary/8043969/Hungary-threatened-by-ecological-catastrophe-as-toxic-sludge-escapes-factory.html O lodo acadou entre 1 e 2 metros de altura asolagando as localidades contiguas, en especial Kolontár e Devecser. No primeiro día contabilizáronse catro mortos e 123 feridos, e até o día 8 a cifra aumentara a sete falecidos e 150 feridos.http://www.guardian.co.uk/world/2010/oct/05/hungary-sludge-disaster-state-of-emergency Para o día 13, xa había 9 mortos, e a décima vítima, un home de 71 anos, faleceu o 5 de novembro no hospital de Győr, onde o atendían, por mor das súas queimaduras.Asciende a 10 el número de muertos de la catástrofe del barro rojo – Index.hu Preto de 40 quilómetros cadrados de terreo foron contaminados, incluíndo o río Danubio dende o día 7 de outubro.El aluminio intoxica el Danubio, LaSexta Noticias. O día 8 pola tarde, a localidade de Kolontár tivo que ser evacuada ante a ameaza de que o muro de contención da presa cedese debido á súa fraxilidade e asolagase o municipio: en caso de producirse a rotura do dique suporía unha vertedura de 500 000 metros cúbicos de lodo, segundo o primeiro ministro Viktor Orbán.http://www.lasextanoticias.com/noticias/ver/el_aluminio_intoxica_el_danubio/283853

Orixe do lodo O lodo vermello é un subproduto do proceso Bayer, que se emprega para obter o óxido de aluminio a partir da bauxita, a partir da cal despois se obtén aluminio. O lodo vermello contén na súa maior parte impurezas da bauxita: a característica cor vermella procede do óxido de ferro hidratado, sendo este o seu principal compoñente (até un 60%); á súa vez, contén titanio e compostos de vanadioGreenwood, Norman N.; Earnshaw, A. (1984), Chemistry of the Elements, Oxford: Pergamon, p. 245, . entre outras pequenas cantidades de metais pesados.https://es.wikipedia.org/wiki/Especial:FuentesDeLibros/0-08-022057-6 O lodo, o cal é altamente alcalino, unha vez que se produce, é almacenado en estanques de gran envergadura ao aire libre, e había preto de 30 millóns de toneladas do produto almacenado preto da planta Ajkai Timföldgyár. Segundo un informe publicado por MAL (Magyar Alumínium Zrt.), o lodo ten a seguinte porcentaxe química: MaterialPorcentaxeaprox.ObservaciónsFe2O3 (Óxido de ferro)40-45%Dá a cor vermella ao barroAl2O3 (Óxido de alúmina)10-15%Óxido de alúmina non extraídoSiO2 (Óxido de silicio (IV))10-15%Presente como sodio ou calcio-alúmina-silicioCAO (Óxido de calcio)6-10%TiO2 (Dióxido de titanio)4-5%Na2O (Óxido de sodio)5-6%Causa do alto nivel de pH e das queimaduras químicas Non está claro como puido ter rachado a contención do lodo. Aínda así, o accidente produciuse despois dun verán particularmente húmido no país, ó igual que noutras zonas de Europa Central.http://www.npr.org/blogs/thetwo-way/2010/10/05/130351938/red-sludge-from-hungarian-aluminum-plant-spill-an-ecological-disaster A policía confiscou algúns documentos sobre a planta de Ajka, aínda que un representante da compañía Aluminio Húngaro, S.A.C. (Magyar Alumínium Zrt., MAL) dixo que na última inspección do dique non se observou nada anómalo. O primeiro ministro de Hungría, Viktor Orbán declarou que o desastre foi provocado por un erro humano."Toxic Red Sludge Spill From Hungarian Aluminum Plant 'An Ecological Disaster'", David Gura, NPR, de 2010 alt=Imaxe a cor natural da zona do desastre tomada por un satélite da NASA.|miniatura|Imaxe a cor natural da zona do desastre tomada por un satélite da NASA. A diferenza doutros refugallos da minería, o lodo vermello non contén un alto nivel de metais pesados, aínda que en terreo normal pode superar sete veces o nivel aconsellable. As análises de lodo en Kolontár, levados a cabo por Greenpeace, amosaron niveis de cromo en cantidades de 660 mg/kg, arsénico (110 mg/kg) e mercurio (1,3 mg/kg). O Goberno declarou que o lodo "non é velenoso". Doutra banda a Academia de Ciencias de Hungría declarou que as concentracións de metais pesados non foron considerablemente perigosas para o medio ambiente.http://web.archive.org/web/http://www.ajc.com/business/sludge-hit-hungarian-villagers-663207.html

A onda de lodo asolagou as rúas de Kolontár e Devecser. Na primeira confirmouse a morte de catro persoas, mentres que na segunda localidade, a forza da riada levou por diante múltiples vehículos.https://www.bbc.co.uk/news/world-europe-11491412https://web.archive.org/web/20101008150811/http://mti.hu/cikk/2010/10/05/az_allamtitkar_felfuggesztette_a_mal_zrt-_tevekenyseget-504849 A causa do falecemento das vítimas non foi confirmada de maneira oficial; un representante da Dirección Xeral Estatal de Protección de Catástrofes (Országos Katasztrófavédelmi Főigazgatóság, OKF) comentou a posibilidade de que perecesen afogados. Preto de seis persoas seguían desaparecidas 24 horas despois do accidente.

A OKF declarou que o lodo foi considerado daniño e que podería causar irritación por reacción alcalina naquelas persoas que estando en contacto con esa substancia non se lavaron a fondo con auga limpa. O alcalde de Devecser dixo que 80 ou 90 persoas foron hospitalizadas por queimaduras químicas. Péter Jakabos, un dos médicos do hospital de Győr onde se achan a maioría de ingresados, declarou na Televisión Húngara (Magyar Televízió) que pode levar varios días ata que á xente se lle curen esas queimaduras. Desde Magyar Alumínium (MAL) declararon que o lodo non está considerado perigoso segundo as normas da Unión Europea. As medidas iniciais levadas a cabo pola OKF mostraron que o lodo é extremadamente alcalino cun pH estimado 13. alt=O Río Marcal unha semana despois do accidente.|miniatura|O Río Marcal unha semana despois do accidente. Os produtos químicos extinguiron a vida mariña do río Marcal e o día 7 de outubro chegou a un afluente do Danubio obrigando aos países polos que pasa o río a desenvolver plans de emerxencia.

Contención e limpeza Ademais dos efectos inmediatos do lodo vermello, tamén coubo a posibilidade de que se producira unha contaminación das augas dentro do país. Pretendeuse neutralizar o efecto alcalino vertendo xeso e ácido bioacético na auga, en varios puntos do río Marcal, e tamén na súa confluencia. O Marcal desemboca en Karakó no río Rába, á súa vez, o Rába desemboca no Danubio na rexión de Győr-Moson-Sopron.

Ao día seguinte do accidente, o Secretario de Estado do Ministerio de Medio Ambiente, Zoltán Illés ordenou a suspensión de produción de aluminio da planta e a reconstrución da presa. Ao día seguinte, o director da compañía declarou nunha entrevista radiofónica que lle gustaría renovar a produción a semana seguinte (cinco ou seis días despois do accidente producido o luns 4 de outubro).

O goberno estimou que a limpeza podería levar un ano e custar dez millóns de dólares.

Ás 19:36 (hora local) do 7 de outubro, o Goberno húngaro activa o Mecanismo de Protección Civil da UE para a axuda urxente internacional. O Centro de Información e Supervisión da Unión Europea comunicou unha petición de axuda experta aos 30 países integrantes (27 estados membros, Islandia, Liechtenstein e Noruega).

Decisións tomadas O mesmo día do accidente foi suspendida a produción da Fábrica de Alúmina de Ajka.

O 11 de outubro, o primeiro ministro de Hungría, Viktor Orbán declarou que o goberno tomaría o control sobre a empresa causante da catástrofe e, ao mesmo tempo, detiveron a Zoltán Bakonyi, director xeral de Aluminio Húngaro, S.A.C. (MAL Zrt.).Index.hu O 13 de outubro liberárono segundo decisión do Tribunal de Condado de Veszprém por non haber forte sospeita de delito, aínda que seguiría sendo presunto. Con todo, a Procuradoría reclamou contra a súa liberación.El jefe de MAL se fue a casa (Index.hu)

Rematada a maioría dos traballos de limpeza e a construción dunha parede protectora contra unha posible vertedura de novo, o venres, 15 de outubro a planta de Ajka puido continuar a súa produción e a maioría dos habitantes evacuados de Kolontár puido regresar á aldea. Ese mesmo día, un total de nove casas tiveron que ser destruídas polos danos sufridos.Noticias de Radio Nacional de Hungría MR1 – Radio Kossuth Segundo informacións obtidas da Televisión Húngara e noticias, o número das casas que se fixeron inhabitables debido ao barro vermello ascendeu a máis de 200.Index.hu, Televisión Húngara

Despois dos feitos, un grupo de científicos independentes foi contratado para investigar as causas verdadeiras da rotura do encoro, mentres outras persoas responsables da fábrica foron detidas. Segundo o resultado final da investigación, o accidente foi provocado por un corremento de terra.Segundo noticias da radio húngara.A pesar diso, o goberno húngaro declarou que o único responsable pola catástrofe é a empresa MAL.MAL ya es oficialmente el responsable de la catástrofe – Index.hu

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio oficial do goberno de Hungría sobre o desastre https://web.archive.org/web/20101011091819/http://redsludge.bm.hu/

Categoría:Medio ambiente de Hungría Categoría:Accidentes Categoría:2010