Amancio López Seijas, nado en 1955 en Camporramiro (Chantada), é un empresario galego fundador e presidente do Grupo Hotusa.

Traxectoria Cursou Estudos Empresariais e o PDX (Programa de Dirección Xeral) de EADA (Escola de Alta Dirección e Administración).

En 1977 fundou o Grupo Hotusa en Barcelona, é o seu presidente desde ese ano.

É membro do Consello Consultivo de Aena, vicepresidente de Exceltur, vogal do Consello Consultivo Empresarial da CEOE, vicepresidente da Comisión Permanente Consello Consultivo de Turismo da CEOE, vogal do Consello Consultivo de Turespaña, vogal do Consello Consultivo da Patronal de Cataluña, Foment del Treball, membro do Consello de Administración do Círculo de Economía e do Consello de Administración de CEAL Ibérica.

Amancio López Seijas é un dos membros da lista dos máis ricos de España en 2023, elaborada por El Mundo.

Está moi ligado á súa terra de Chantada onde creou unha das sedes do grupo hoteleiro con varios centos de postos de traballo.

O empresario reivindicou o poder transformador e impulsor do turismo e destacou que grazas, sobre todo, a el, o XXI será “o século das cidades”.

É o impulsor do encontro internacional Foro A Toxa.

Premios

Premio Príncipe Felipe a la Excelencia Turística 2008, a Hotusa, que el dirixe. Billó de Ouro 2013. Premio á Traxectoria Empresarial AIJEC, 2014. Premio á Excelencia 'Vasco Da Gama' da Cámara Hispano-Portuguesa, 2017. XII Premio Victoriano Reinoso, 2018. Medalla Castelao en 2024.

Notas

Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1955 Categoría:Empresarios de hostalería Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Medallas Castelao