Carme Varela Rodríguez, nada en Duomes (A Baña) en 1970, é unha filóloga e escritora galega.
Traxectoria É Licenciada en Filoloxía galega, cun mestrado en xestión cultural na Universidade de Barcelona.
Comezou moi nova no teatro, no instituto, no grupo universitario EIS e na compañía Os Quinquilláns. Traballou na Fundación Castelao onde foi secretaria técnica. Colaborou na produción e distribución teatral en Ollomoltranvía, Mofa e Befa e na empresa de servizos teatrais RTA. Foi directora de produción no Centro Dramático Galego e desde o ano 2007 está ligada á empresa de comunicación Atlantis Multimedia. Foi fundadora e tamén secretaria da asociación de patrimonio medieval O Sorriso de Daniel.
En 2021 publicou As desterradas, creada como unha actividade para desenvolver no seo de O Sorriso de Daniel. É colaboradora de Mundiario e Nós Diario.
Obra Teatro As desterradas (2021). Vigo: Xerais. 108 páxs. ISBN 978-84-9121-906-4.
Faise o escuro (2023). Edicións Positivas Premios 2020: XXV Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, por As desterradas.
2022: Gañadora dos VI Premios Selic, por Faise o escuro. 2023: Caxato de Pousa Antelo. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Presentación de As desterradas en 2022.
Categoría:Nados na Baña Categoría:Nados en 1970
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona