miniatura|Moas O muíño das Maquías é un muíño que se localiza no leito do río de Zamáns, na parroquia de Zamáns, no concello de Vigo.
Historia O nome de muíño das Maquías indica que nel se adoitaba pagar unha porción de gran ou de fariña ao muiñeiro por cada vez que se moía.
Despois da construción do encoro de Zamáns, o caudal de auga reduciuse considerabelmente. A finais do século XX, foi reconstruído.
Construción Funcionaba como muíño, mais tamén como vivenda. Ten dúas plantas e un pórtico de pedra, apoiado sobre catro columnas. Na planta inferior atópanse dúas moas, ademais do sistema de captación e uso da auga. Consta tamén dun pozo e dunha levada. Tamén existía un alboio anexo, hoxe desaparecido.
Notas
Maquias Categoría:Vigo