Santa Mariña de Castrosante é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. Segundo o INE, en 2025 tiña 30 habitantes (17 homes e 13 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 33 habitantes. En 1991 tiña 56 habitantes.
Na actualidade só está poboada a entidade de Castrosante, estando deshabitado o lugar de Alto de Santa Lucía.
Linda ao noroeste con Santalla de Rei, ao norte con Ferreiros, ao leste con Saa, ao sur con Cereixa e A Pobra do Brollón, e ao oeste con Eixón.
Toponimia A orixe do topónimo é o latín , que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.
Patrimonio Consérvanse algúns restos do antigo castro de Santa María, que foi destruído e que lle dá nome á parroquia.
A igrexa de Santa Mariña data do século XIX. Ten nave de planta rectangular, muros de cachotaría, cuberta a dúas augas con tellado de lousa. No interior conserva retablos con esculturas do s. XVIII. O 16 de febreiro de 2011 quedou parcialmente destruída despois dun tornado e aínda non foi rehabilitada.
Festividades As festas da parroquia celébranse en agosto na honra a San Roque.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Castrosante
Parroquias da Pobra do Brollón
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pobra do Brollón Ligazóns externas Páxina de Castrosante
Categoría:Parroquias da Pobra do Brollón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía