Escílax de Carianda (en latín Scylax, en grego ) foi un viaxeiro de Carianda en Caria, a quen Darío I o Grande enviou nunha viaxe de descubrimento ao Indo. Traxectoria Saíu de Caspatiros cara ao leste ata chegar ao Indo e despois ao mar, seguindo o seu curso; despois pasou cara ao océano Índico e cara ao Mar Vermello rodeando a Península Arábiga, desde onde se dirixiu de novo a Caria. A súa viaxe durou trinta mesesHerodoto. Historias. IV, 44.
Estrabón di que Escílax era un escritor antigo e menciona algúns dos seus textos. Atribúeselle un Período da Terra e un Periplo das costas máis aló das Columnas de Hércules, dos que se conservan algúns fragmentosEstrabón. Xeografía XII.4.8; XIII.1.4 i XIV.2.20.. Unha obra chamada Periplo de Pseudo-Escílax (ou Περίπλους τῆς θαλάσσης οἰκουμένης Εὐρώπης καὶ Ἀσίας καὶ Λιβύης), escrita arredor do século IV que describe varios países de Europa, Asia e África leva o seu nome, ao parecer como homenaxe ou porque o autor aproveitou algunhas das notas de Escílax.
Notas
categoría:nados en Turquía categoría:nados no século -VI categoría:finados no século -V