Theo van Boven, nado nos Países Baixos en 1934 e finado o 9 de maio de 2026, foi un profesor de dereito internacional pola Universidade de Maastricht e, entre 2001 e 2004, comisionado especial das Nacións Unidas contra a tortura. Así mesmo, foi director da división de Dereitos Humanos da ONU. En 1985 gañou o Premio Nobel Alternativo.
Informes sobre a tortura en España Os informes de Theo van Boven sobre a tortura en España son dous informes publicados polo comisionado especial da Organización das Nacións Unidas contra a tortura. Un deles ten carácter específico para España e outro un carácter máis xeral.
Theo van Boven foi enviado especial da ONU para España, debido á preocupación mostrada pola Organización ante a gran dicotomía que existía entre a posición manifestada polo goberno español e un abundante número de denuncias de tortura no país. Por este motivo, realizou unha visita a España do 5 ó 10 de outubro de 2003, durante a cal realizou varios viaxes a Euskadi e a Madrid. Conseguintemente, publicou un informe o 6 de febreiro de 2004. Expresou o seguinte no resumo do seu informe: que a tortura ou os malos tratos non son sistemáticos en España, pero que, na práctica, o sistema permite a ocorrencia de tortura ou malos tratos, en particular no caso de persoas detidas en réxime de incomunicación por actividades terroristas. Debido a isto último, deu varios consellos para conseguir que as autoridades conseguiran maior credibilidade.
Despois do 1 de setembro de 2004, fixo outro informe sobre tortura e malos tratos; este informe, a diferenza do anterior, non versaba só sobre España. Neste segundo informe, concluíu que a tortura non é práctica sistemática, pero que dábanse numerosos casos debido a que as medidas de seguridade non eran completamente eficentes.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Breve repaso á carreira de Theo van Boven Para a prevención da tortura Informe de Theo van Boven
Categoría:Personalidades da ONU Categoría:Personalidades dos Países Baixos Categoría:Personalidades do dereito Categoría:Nados en Holanda Meridional Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Alumnos da Universidade de Leiden Categoría:Alumnos da Universidade Metodista do Sur Categoría:Profesores da Universidade de Amsterdam Categoría:Profesores da Universidade de Maastricht