O chaveiro vermello, Cephalanthera rubra,Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións é unha especie de orquídea terrestre pertencente á familia Orchidaceae. Distribúese por Eurasia. miniatura|341x341px|Ilustración.
Descrición É unha herba perenne, con rizoma subterráneo, cun só talo, que contén a inflorescencia en espiga con flores hermafroditas, de cor rosa ou violeta e que alcanza ao redor de 20-50 cm de altura. os seus talos son erectos, foliosos estriados e con pelos glandulares na parte superior, de 20-40 cm de altura. As súas follas inferiores son lanceoladas, as superiores son linear-lanceoladas, de 5-12 cm de lonxitude. As súas flores están dispostas en espigas laxas, con 6 pezas periánticas, de cor púrpura, con 3 pezas externas e outras tantas internas, similares e confluentes, aínda que a interna inferior (labelo) presenta entre 7 e 9 finas costelas amareladas; ovario situado en posición inferior con relación ao resto das pezas florais. O seu froito en cápsula que contén numerosísimas sementes. Florece na primavera e verán.
Distribución Atópase na maior parte de Europa, ao leste dos Urais e ao norte até os 60 graos. Con todo, é raro en Gran Bretaña, os Países Baixos e Francia occidental. Tamén aparece en Marrocos, Alxeria e Tunes e en varias partes do sur de Asia até o leste de Irán.
Taxonomía Cephalanthera rubra foi descrita por (Linné) Rich. e publicada en Mémoires du Muséum d'Histoire Naturelle 4: 60. 1818.
Etimoloxía
Ver: Cephalanthera
rubra: epíteto do latín ruber que significa "vermello".
Sinonimia
Serapias rubra L. (1767) (Basionymum) Epipactis purpurea Crantz (1769) Epipactis rubra (L.) F.W. Schmidt (1795) Cymbidium rubrum (L.) Sw. (1799) Helleborine rubra (L.) Schrank (1814) Cephalanthera comosa Tineo (1844) Dorycheile rubra (L.) Fuss (1866) Limodorum rubrum (L.) Kuntze (1891) Cephalanthera rubra f. alba Raynaud (1985) Cephalanthera rubra f. comosa (Tineo) Robatsch (2000)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Information about Red Helleborine from the Royal Botanic Garden, Kew Den virtuella floran - Distribution
Categoría:Plantas descritas en 1818 Categoría:Flora de Asia Categoría:Flora de Europa Categoría:Orquídeas de Galicia