O río Tunjuelo ou Tunjuelito é un río que atravesa as localidades de Sumapaz, Usme, Ciudad Bolívar, Tunjuelito, Kennedy e Bosa da cidade de Bogotá e unha mínima extensión en Soacha. A súa conca alberga a preto de dúas quintas partes da poboación total da cidade. Ten unha lonxitude de 73 km e, despois do río Bogotá, é o segundo maior da cidade. En 1930 empregáronse as súas augas para abastecer o seu primeiro acueduto. Desemboca no río Bogotá.
Etimoloxía Os nomes Tunjuelo e Tunjuelito derivan de Cerro de los Tunjos, que recibe o seu nome dos tunjos, figuras votivas relixiosas dos muiscas, que habitron na rexión da sabana de Bogotá antes da conquista española.Osorio Osorio, 2007, p.29
Percorrido miniatura|O río Tunjuelo no límite entre as localidades de Ciudad Bolívar e Tunjuelito. Nace no encoro de Chisacá, localizado no páramo de Sumapaz no extremo sueste de Bogotá, e na fronteira da localidade de Bosa (antiga verea San Bernardino) co concello de Soacha (verea Bosatama) desemboca no río Bogotá, que á súa vez é afluente do río Magdalena.
Contaminación Dende os anos 1960 presenta unha problemática ambiental grave, que se fixo evidente nos anos 1980. As súas causas son a construción de canteiras na zona, o crecemento urbano non planificado, e a industrialización do sector, con procesos altamente contaminantes como a preparación de deterxentes e a industria de curtume.
Polo seu nivel de contaminación e de degradación adoita causar importantes problemas durante as súas enchentes.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bibliografía Sistema Hídrico, Bogotá
Categoría:Ríos de Colombia