Robert Nicholas Christian Topala, nado o 23 de febreiro de 1987 en Suecia é un desenvolvedor, deseñador, animador e músico de videoxogos sueco coñecido por ser o creador de Geometry Dash e os xogos derivados do mesmo.
Traxectoria
Mocidade Creceu xogando a videoxogos, en especial a Super Mario Bros., o que lle fixo interesarse polos mesmos. Este interese, principalmente nos videoxogos de plataformas causado por Super Mario foi o que anos despois inspiroulle á creación dos proxectos coma Geometry Dash entroutros.
Primeiros anos Aínda que RobTop é coñecido por Geometry Dash non foi o primeiro videoxogo que creou. Anos antes, creara moitos outros proxectos, pero dos que non se ten moita información.
Comezou a súa carreira coma desenvolvedor no sitio web de Newgrounds creando diversos proxectos. O primeiro que se coñece foi a animación «Constant Struggle» creada o 18 de decembro de 2007, cando asociouse con dous amigos para crealo. Mencionou anos despois nunha entrevista que «podería ser un proxecto divertido e que inclusive podería xerar un pouco de diñeiro», polo que non era só un pasatempo.
Anos despois, seguía a usar Newgrounds, sendo outra das súas creacións máis notables a creada o 6 de xuño de 2010, o videoxogo de plataformas web Bounce Ball Thingy. Este foi ademais o último proxecto que desenvolveu mentres estudaba na universidade enxeñaría civil, pois máis tarde a abandonará polo seu interese na industria dos videoxogos.
Rune Digital e RobTop Games Dous anos despois fundou a compañía de videoxogos Rune Digital (tamén coñecida como Rune Digital Handelsbolag). Ese mesmo 2012 xa estaban a desenvolver o videoxogo de plataformas de dispositivos móbiles (iOS e Android) Forlorn que gañou o Premio sueco de videoxogos, da categoría «Mellor videoxogo de teléfono móbil de 2012», que extrañamente nunca se lanzaría. Ao ano seguinte tamén comenzaron o desenvolvemento de Kingdom Escape, pero que eventualmente tampouco se lanzou.
Pouco tempo despois do desenvolvemento de Kingdom Escape Topala decidiu separarse da compañía, fundando en solitario RobTop Games, da que a día de hoxe segue pertencendo. O primeiro videoxogo que desenvolveu na compañía foi Boomlings, un xogo cun estilo parecido ao Candy Crush Saga aínda que cunhas mecánicas e habilidades especiais diferentes. Pouco despois lanzaría o spin-off Boomlings MatchUp e Memory Mastermind.
O mesmo ano do lanzamento de Boomlings e Memory Mastermind anunciaría o 29 de abril de 2013 Geometry Jump, que máis tarde pasaría a denominarse Geometry Dash, por problemas de dereitos de autoría na App Store (iOS). Cos poucos coñecementos básicos de código de programación que foi aprendendo ao longo da súa carreira, lanzaríao o 13 de agosto de 2013 para dispositivos móbiles, e o 22 de decembro de 2014 para a plataforma de distribución dixital Steam (Microsoft Windows e macOS).
Mencionou nunha entrevista que, en realidade, o desenvolvemento de Geometry Dash foi improvisado. Comezou como unha pantalla dun cubo que podía estrelarse e saltar dependendo de certas interaccións. Este pequeno desenvolvemento e a súa paixón polos xogos plataforma foron o que o impulsaron a engadir cada vez máis contido, ata o xogo do lanzamento, que en realidade non sería a versión final, pois seguiría a actualizalo ata día de hoxe.
O punto de inflexión para o xogo foi coa actualización 1.9, que volveu a colaborar con Newgrounds para incluír un sistema de música personalizada nos niveis.
Uns anos despois da dita actualización, Topala xunto cun familiar seu, Nicolaeu Topala, fundarían Fäbodarna AB, compalía adicada a posuír e administrar inmobles de cabalos deportivos e a súa cría, procesamento e venda.
Videoxogos AnoVideoxogoPlataformaRolPlataforma2012BoomlingsiOS, AndroidDistribuídor, desenvolvedor e deseñador Non2013Memory MastermindBoomlings MatchUpGeometry DashiOS, Android, Steam (2014) en Microsoft Windows e macOS SiGeometry Dash LiteiOS, Android2015Geometry Dash Meltdown2016Geometry Dash World2017Geometry Dash SubZero Notas
Referencias
Véxase tamén
Ligazóns externas Robert en Newgrounds.
Categoría:Músicos de Suecia Categoría:Compositores de Suecia Categoría:Compañías de videoxogos Categoría:Programadores de videoxogos Categoría:Nados en 1987