Sergio Benito Crujera, nado en Madrid o 23 de marzo de 1999, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Real Unión, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Formouse nas canteiras do Rayo Vallecano e do Real Madrid e debutou co Rayo Vallecano B na Terceira División durante a tempada 2017/18, nun partido ante o Trival Valderas.
Para a tempada 2018/19 foi cedido ao Barakaldo da Segunda División B, onde disputou 31 partidos, anotando 8 goles. Na seguinte campaña saíu cedido de novo, desta vez á Cultural Leonesa. Coa Cultural disputou 27 partidos, anotando 7 goles, un deles o tanto da vitoria contra o Atlético de Madrid na Copa do Rei, que serviu para eliminar ao equipo de Simeone. Disputou a promoción de ascenso a Segunda e acadou a final ante o Sabadell, onde errou o lanzamento decisivo na quenda de penaltis, que foi detido polo gardameta galego Ian Mackay.
En outubro de 2020 asinou un contrato de tres anos co Real Valladolid, sendo destinado ao equipo filial de Segunda B. O 15 de decembro de 2020 debutou co primeiro equipo nun partido da Copa do Rei e un mes despois disputou os seus primeiros minutos na Primeira División, substituíndo a Óscar Plano na segunda parte dun partido contra o Elche. Na tempada 2021/22 xogou cedido no Badajoz da Primeira División RFEF.
Tras pasar polo Córdoba, en xaneiro de 2023 marchou a Polonia, onde militou no Wisła Kraków, xunto aos tamén españois Ángel Rodado, Miki Villar, Tachi, David Juncà, Luis Fernández e Álex Mula. Disputou 10 partidos de liga antes de rescindir o seu contrato o 15 de xuño. Dúas semanas despois asinou como novo xogador do Fuenlabrada, da Primeira División RFEF. No club madrileño disputou un total de 36 encontros, 27 deles como titular, e marcou 7 goles.
En xuño de 2024 fichou polo Real Unión, da mesma categoría.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano B Categoría:Xogadores do Barakaldo CF Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores do Real Valladolid B Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do CD Badajoz Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do Wisła Kraków Categoría:Xogadores do CF Fuenlabrada Categoría:Xogadores do Real Unión