Damián Rodríguez Sousa, nado en Ponteareas o 17 de marzo de 2003, é un futbolista galego que xoga como centrocampista no Celta Fortuna, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Formouse na canteira do Celta de Vigo, pasando polos equipos infantil, cadete e xuvenil do club. Na tempada 2020/21 debutou co Celta B nun partido da Segunda División B ante o Burgos no Plantío, substituíndo na segunda parte a Gabri Veiga. Durante a tempada 2022/23 compaxinou o Celta B co Gran Peña, subindo definitivamente ao primeiro filial para a campaña 2023/24.
Notas
Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Futbolistas de Ponteareas Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Gran Peña Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores do Celta de Vigo