Fernando Ruiz Izaguirre, máis coñecido como Fer Ruiz, nado en Madrid o 11 de xullo de 1991, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Fuenlabrada, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Rayo Vallecano e na tempada 2010/11 debutou na Terceira División nas filas do Trival Valderas de Alcorcón. Tras pasar polo Carabanchel recalou en 2012 no Leganés, no que militou dúas campañas, logrando na segunda delas o ascenso á Segunda División.

No verán de 2014 converteuse en novo xogador do San Sebastián de los Reyes, na Terceira División. Disputou 36 partidos co equipo madrileño durante a tempada 2014/15, 29 deles como titular, e marcou 7 goles. Comezou a seguinte campaña cedido no Puerta Bonita, pero regresou no mercado invernal, contribuíndo no ascenso do Sanse á Segunda División B. Durante as seguintes dúas tempadas na categoría de bronce, foi titular indiscutible e sumou 13 goles na categoría. Na tempada 2018/19 xogou no Salamanca e no Burgos, antes de regresar ao San Sebastián, co que acadou os 221 partidos oficiais. Marcou un total de 34 goles e foi capitán do equipo, que deixou en 2022, militando na Primeira División RFEF.

A continuación asinou co Fuenlabrada, da mesma categoría.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente .

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores da UD San Sebastián de los Reyes Categoría:Xogadores do Salamanca CF UDS Categoría:Xogadores do Burgos CF Categoría:Xogadores do CF Fuenlabrada