Orquídea verde, Coeloglossum viride,Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións é unha especie de orquídea estreitamente relacionada co xénero Dactylorhiza no que estaban incluídas anteriormente. É a especie de orquídeas cun ámbito de distribución máis extenso, atópanse por todo o hemisferio Norte tépedo, chegando até Islandia e Groenlandia. Son de hábitos terrestres e teñen tubérculos.

Etimoloxía O nome Coeloglossum procede das palabras gregas "coelo" (oco, buraco) e "glossum" (lingua). Isto é pola forma do labelo que ten un buraco na súa base. "Viride" = "verde" pola cor predominante na flor. dereita|miniatura|250x250px|Coeloglossum viride planta con brotes.

Sinónimos

Dactylorhiza viridis (L.) R.M.Bateman, Pridgeon & M.W.Chase 1997

Chamorchis viridis Dumort. 1827 Coeloglossum bracteatum (Willd.) Parl. 1850 Coeloglossum bracteatum (Willd.) Schltr. 1920 Coeloglossum erdingeri A.Kern. 1864 Coeloglossum islandicum (Lindl.) Kom. 1927 Coeloglossum vaillantii Schur 1866. Coeloglossum viride subsp. bracteatum (Muhl.) Soó Coeloglossum viride subsp. bracteatum (Willd.) Hultén Coeloglossum viride var. bracteatum (Willd.) Rchb.f. Coeloglossum viride var. islandicum (Lindl.) Schulze 1898 Coeloglossum viride var. virescens (Muhl. ex Willd.) Luer 1975 Entaticus viridis (L.) Gray 1821 Gymnadenia bracteata (Willd.) C.Presl 1827 Gymnadenia viridis (L.) Rich. 1818 Habenaria bracteata (Willd.) R.Br 1813 Habenaria viridis R.Br. 1813 Habenaria viridis var. bracteata (Willd.) A.Gray 1867 Himantoglossum viride (L.) Rchb. 1830 Orchis bracteata Willd. 1805 Orchis viridis Crantz 1769 Peristylus islandicus Lindl. 1835 Peristylus viridis (L.) Lindl. 1835 Platanthera bracteata Torr. 1843 Platanthera viridis Lindl. 1829 Satyrium alpinum F.W.Schmidt 1893 Satyrium ferrugineum F.W.Schmidt 1893 Satyrium fuscum Huds. 1761 Satyrium lingulatum Vill. 1779 Satyrium viride L. 1753 Sieberia viridis (L.) Spreng. 1817

Distribución e hábitat dereita|miniatura|180x180px|Coeloglossum viride, hábitat en Hesse, Alemaña. Estas orquídeas atópanse distribuídas ao longo da zona subártica e a parte tépeda do hemisferio Norte: en Europa, desde Escandinavia ao norte de África; mesmo en Madeira, Islandia, oeste de Asia, norte de Asia, o Himalaia, Norteamérica e tamén en Alasca.

Descrición Estas orquídeas terrestres desenvólvense en chans básicos e prados húmidos, lindeiros de bosques e en áreas onde o arboredo está clareando. Teñen tubérculos xeófitos. Nestes grosos talos subterráneos poden almacenar gran cantidade de auga, que lles permiten sobrevivir en condicións de seca.

Posúen grandes follas ovoides ou oblongas que cambian a lanceoladas na parte superior cerca do ápice. Desenvolven un talo curto que alcanza unha altura de 3-4 dms. As follas da parte superior son máis pequenas que as follas máis baixas do talo.

A inflorescencia, é unha espiga cilíndrica, cunhas 5-25 flores pequenas con fragrancia. Estas desenvólvense a partir duns gromos axilares. As cores predominantes son gradacións do verde. Florecen a finais de primavera ou no verán.

O seu sistema de polinización é normalmente entomógamo, pero ao estar desprovistas de néctar teñen que recorrer ao mesmo mecanismo de atracción que presentan outras orquídeas, como é o caso do xénero Orchis, que para atraer aos polinizadores as flores teñen que adquirir a aparencia de flores nectaríferas.

Especies de Coeloglossum Hai moitas especies que se fertilizan de forma cruzada, dando lugar a unha enorme cantidade de variacións que complican a súa clasificación.

Especie tipo: Coeloglossum viride (L. Hartm. (1820)

Coeloglossum viride orquídea rana Coeloglossum viride var. islandiacum (Lindl.) Schulze Coeloglossum viride var. virescens (Muhl. ex Willd.) Luer 1975 Coeloglossum viride var. viride Coeloglossum viride ssp. bracteatum (Willd.) Richter 1890. Coeloglossum viride ssp. coreanum (Nakai) Samtoi 1969

Híbridos Tamén se poden hibridar con especies doutros xéneros dando lugar a novas especies híbridas:

× Dactyloglossum P.F.Hunt & Summerh. 1965 (Coeloglossum × Dactylorhiza) × Dactyloglossum conigerum (Norman) Rauschert 1973 (Coeloglossum viride × Dactylorhiza maculata) × Dactyloglossum dominianum (E.G. Camus, Bergon & A. Camus) Soó 1966 (Coeloglossum viride × Dactylorhiza maculata) × Dactyloglossum drucei (Camus) Soó 1966 (Coeloglossum viride × Dactylorhiza maculata) × Dactyloglossum erdingeri (Kerner) Janchen 1966 (Coeloglossum viride × Dactylorhiza sambucina) × Dactyloglossum guilhotii (E.G. Camus, Bergon & A. Camus) Soó en Soó & Borsos 1966 (Coeloglossum viride × Dactylorhiza incarnata) × Dactyloglossum mixtum (Ascherson & Graebner) Rauschert 1969 (Coeloglossum viride × Dactylorhiza fuchsii)

× Gymnaglossum Rolfe 1919 (Coeloglossum × Gymnadenia) × Gymnaglossum jacksonii (Quirk) Rolfe 1919 (Coeloglossum viride × Gymnadenia conopsea) × Gymnaglossum quirkii Camus 1928 (Coeloglossum viride × Gymnadenia conopsea)

× Coeloplatanthera Ciferri & Giacomini 1950 (Coeloglossum × Platanthera) × Coeloplatanthera brueggeri Ciferri & Giacomini 1950 (Coeloglossum viride × Platanthera chlorantha) Coeloglossum viride × Dactylorhiza maculana × Dactyloglossum drucei (Camus) Soó

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Leroy-Terquem, Gerald e Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991 Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993 White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. Nova York: Houghton-Mifflin, 1996 The Illustrated Encyclopedia of Orchids de Alec Pridgeon. Publicado por Timber Press The Manual Of Cultivated Orchid Species de Bechtel, Cribb e Launert, Publicado por MIT Press Williams, N. H. 1972. A reconsideration of Ada and the glumaceous brassias. Brittonia 24: 93–110

Ligazóns externas Foto Coeloglossum × Dactylorhiza

Categoría:Flores Categoría:Orquídeas de Galicia