A agorafobia é o medo irracional e inmotivado que se traduce en sensación de angustia ou pánico ante os espazos abertos, non polo espazo de seu senón polo temor a enfermar ou quedar incapacitados para liscar do lugarMoore, D.; Jefferson, J. (2005): Manual de Psiquiatría Médica. Elsevier España, páxina 162, dáse especialmente cando o individuo está sóManual para el tratamiento cognitivo-conductual de los trastornos psicológicos: Trastornos por ansiedad, sexuales, afectivos y psicóticos. Editorial Siglo XXI, 2ªed, 2002, páxina 89, os síntomas depresivos e obsesivos e fobias sociais poden estar presentes pero non dominan o cadro clínico. A agorafobia diagnostícase en relación á angustia, ben como trastorno de angustia con agorafobia ou ben, aínda que é raraHollander, E. (2004): Guía de trastornos de ansiedad. Elsevier España, páxina 5, como agorafobia sen historia de trastorno de angustiaMichael B. First, Allen Frances e Harold Alan Pincus (2008): DSM-IV-TR. Guía de uso. Elsevier España, páxina 258, pero para algúns autores a agorafobia é unha consecuencia da angustia mentres para outros é a crise de angustia a consecuencia da agorafobiaVallejo Ruiloba, J. e Gastó Ferrer, C. (2000): Trastornos afectivos: ansiedad y depresión. Elsevier España, 2ª ed, páxina 17. De non se realizar tratamento a agorafobia deriva en crónica.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Agoraphobia
Categoría:Fobias