miniatura|250px| O 7 de outubro de 2023 estalou un conflito armado israelí-palestino entre grupos militantes palestinos liderados por Hamas e as forzas militares israelís. O conflito comezou cun ataque de Hamas ao sur de Israel, ao cal as forzas militares israelís responderon con amplos ataques na Franxa de Gaza de Palestina e cunha invasión de Gaza. A finais de outubro, máis de 1.500 israelís e máis de 8.000 palestinos foron asasinados, incluíndo máis de 3.000 nenos, ao tempo que uns 230 israelís e estranxeiros seguían en cativeiro ou tomados como reféns por Hamas.
O ataque de Hamas comezou na maña do 7 de outubro cun lanzamento de máis de 5.000 foguetes dende a Franxa de Gaza contra Israel, mentres uns 3.000 militantes palestinos atravesaron a barreira entre Gaza e Israel, asesinando civís en máis dunha ducia de masacres e incendiando as súas vivendas, así como atacando as bases militares das Forzas de Defensa de Israel preto da Franxa de Gaza. Cando menos uns 44 países, a maioría deles occidentais, cualificaron a incursión sorpresa como un ataque terrorista. Hamas declarou que o seu ataque era unha resposta á "profanación da Mesquita de Al-Aqsa", o bloqueo da Franxa de Gaza, os asentamentos israelís e a violencia dos colonos israelís.
A actual guerra, a máis violenta dende a guerra do Yom Kippur, é a quinta guerra na Franxa de Gaza, e forma parte do conflito israelí-palestino. En 2023, antes do comezo da ofensiva, un aumento na violencia entre israelís e palestinos causou a morte de cando menos 247 palestinos, 32 israelís e dous estranxeiros.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Xenocidio de Gaza
Categoría:Guerras nas que participou Israel Categoría:Conflitos en 2023 Categoría:Conflito árabe-israelí Categoría:Conflitos en 2024