CODA é un filme franco-estadounidense de 2021 escrito e dirixido por Sian Heder. É unha adaptación en lingua inglesa do filme franco-belga de 2014 La Famille Bélier. Está protagonizado por Emilia Jones como Ruby Rossi, o único membro oínte da súa familia, unha adolescente que intenta axudar ao negocio pesqueiro da súa familia en dificultades mentres persegue as súas propias aspiracións de ser cantante. O filme conta con actores xordos para intepretar os papeis de xordos, os cales, xunto con Jones, se comunican empregando a lingua de sinais americana. Eugenio Derbez, Troy Kotsur, Ferdia Walsh-Peelo, Daniel Durant e Marlee Matlin compoñen o resto do elenco. Philippe Rousselet de La Famille Bélier retoma a súa función como produtor, e o filme rodouse en Gloucester, Massachusetts, nos Estados Unidos.

CODA gañou numerosos premios, incluíndo os tres que conseguiu na 94ª edición dos Óscar nas categorías de mellor filme, mellor actor secundario para Kotsur e mellor guión adaptado, converténdose no primeiro filme en distribuírse nun servizo en liña e no primeiro filme estreado no Festival de Cinema de Sundance en gañar o premio ó mellor filme.

Estreouse en galego o 21 de maio de 2025 a través da TVG.

Personaxes Emilia Jones como Ruby Rossi Eugenio Derbez como Bernardo "Mr. V" Villalobos Troy Kotsur como Frank Rossi Ferdia Walsh-Peelo como Miles Marlee Matlin como Jackie Rossi Daniel Durant como Leo Rossi Amy Forsyth como Gertie Kevin Chapman como Brady John Fiore como Tony Salgado

Notas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua de sinais americana Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Sian Heder Categoría:Filmes sobre xordos Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes de Pathé Categoría:Filmes rodados en Massachusetts Categoría:Filmes ambientados en Massachusetts Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2021 con versión en galego