SARAL, acrónimo de Satellite with ARgos and ALtika, é un satélite artificial colaboración do CNES francés e o ISRO indio lanzado o 25 de febreiro de 2013 mediante un foguete PSLV-CA desde o Centro Espacial Satish Dhawan.
Características A misión de SARAL era complementar ao satélite Jason 2 mediante a realización de medicións altimétricas. Os seus obxectivos eran:
Facer medicións precisas e globais da altura da superficie mariña, altura das ondas e a velocidade do vento para mellorar os modelos climáticos, mellorar as predicións meteorolóxicas e facer estudos oceanográficos. Asegurar a continuidade da obtención de datos altimétricos globais comezada con Jason 1 e Envisat. Formar parte dun sistema global de observación oceánica.
SARAL, de 346 kg de masa, leva a bordo dous instrumentos: o altímetro AltiKa de alta resolución, traballando en banda Ka (a 35 GHz), que tamén fai medicións radiométricas; e o sistema Doris de orbitografía de precisión xunto cun retrorreflector láser.
Notas
Véxase tamén Outros artigos PSLV-CA
Categoría:Satélites artificiais