A lingua tai nuea ou tai nüa (en ; Dǎinàyǔ; ), tamén chamada dehong tai (, Déhóng Dǎiyǔ; , ou chinés shan) é unha das linguas faladas polo pobo dai na China, especialmente na prefectura autónoma dai e jingpo de Dehong no suroeste da provincia de Yunnan. Está estreitamente relacionada con outras linguas tai e podería considerarse un dialecto da lingua shan. Os falantes desta lingua ao outro lado da fronteira en Myanmar son coñecidos como shan. O tai nuea está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Uso da lingua O tai nuea ten status oficial nalgunhas partes de Yunnan (China), onde se usa en sinais e na educación. A estación de radio do pobo de Yunnan (Yúnnán rénmín guǎngbō diàntái 云南人民广播电台) emite en tai nuea. Por outra banda, na China publícase moi pouco material impreso en tai nuea. Porén, moitos sinais de estradas e tendas en Mangshi están en tai nuea.

En Tailandia, publicouse unha colección de 108 proverbios con traducións ao tailandés e ao inglés.Thawi Swangpanyangkoon and Edward Robinson. 1994. (2537 Thai). Dehong Tai proverbs. Sathaban Thai Suksa, Chulalankorn Mahawitayalai.miniatura|Manuscritos budistas en lingua tai nuea.|centro Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en tai nuea Bibliografía

Categoría:Linguas tai Categoría:Linguas de Tailandia Categoría:Linguas de Myanmar