Martín Mondragón, nacido en Recesende (Teo) no ano 2000, é un cantante e bailador galego, coñecido polo nome artístico de Mondra.

Traxectoria

Comezou a súa carreira profesional na compañía de danza de Fran Sieira, formando aínda parte do seu elenco artístico. Mondra tamén ten formación en piano e pandeireta. Exerce como mestre de pandeireta e baile tradicional galego en varias asociacións culturais do país. En setembro do ano 2023 editou o seu primeiro álbum de estudio, ARDĒN, no que combina música enxebre cun son actual, un estilo que foi bautizado como trad. En 2025 lanzou De ronda, once cancións coa produción de Hevi no Laboratorio Soyuz.

Na tempada 2024-2025 participou como xurado no Luar da TVG.

Quererse ben foi Premio aRi(t)mar 2025.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo ARDĒN 2023 AltafonteDE RONDA2025Altafonte

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Teo Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes