Ryan Mitchel Chassels, nado o 19 de setembro de 1997, coñecido profesionalmente como Freddie Dredd, é un rapeiro, cantante, produtor e compositor canadense, coñecido por mesturar sons duros, lo-fi, mesturas con estilos cláiscos e letras intensas, a miúdo escuras, que moitas veces recorda ao estilo sureño dos Suicideboys.
Traxectoria Dredd comezou a subir música a SoundCloud en 2014 baixo o nome de produtor Ryan C. e o nome de rapeiro Freddie Dredd. Gañou protagonismo en TikTok con varias cancións virais, incluíndo "GTG", "Opaul" e "Cha Cha". En 2022 os seus sinxelos "GTG" e "Cha Cha" foron certificados con ouro nos Estados Unidos pola RIAA. Dredd é membro do colectivo musical Sixset e a súa música publícase con RCA Records e Doomshop.
En 2023, a canción de Dredd "Wrath" foi nomeada para un Juno Award na categoría Rap Single of the Year. Ademais do seu traballo en solitario, Dredd colabora frecuentemente con outros rapeiros underground coma Eddy Baker, Ramirez e Slim Guerilla.
O seu álbum de estudio debut, Freddie's Inferno, foi lanzado o 11 de agosto de 2022, xunto coas versións de The Slow Descent e Ghost Slowed en decembro de 2022 e a versión de luxo en febreiro de 2023. O álbum foi apoiado por dous sinxelos: "Kick Rocks" con Lil Darkie e "Limbo".
Notas
Categoría:Rapeiros de Canadá