Ian Rank-Broadley, nado en Walton-on-Thames, Surrey, en 1952, é un escultor e deseñador de moedas británico, coñecido por unha estatua de Diana de Gales erixida no palacio de Kensington, en Kensington e Chelsea, e pola efixie de Isabel II característica da moeda británica e da Commonwealth, de 1998 a 2015.

Traxectoria Nado en Walton-on-Thames, Surrey, Ian Rank-Broadley estudou na Epsom School of Art entre 1970 e 1974, e logo na Slade School of Fine Art, da University College London, entre 1974 e 1976, onde acadou a bolsa de estudos Boise Travelling Scholarship. Durante o curso 1976-1977 completou a súa formación artística na Escola Británica de Roma,"Ian Rank-Broadley. b.1952". Art.orgHopkin, A. (2020). "Ian Rank-Broadley Engraver of Queen Elizabeth II Fourth Portrait". Cgards.co.uk. 9 de xaneiro. e visitou Nápoles, Florencia, Venecia e París."Ian Rank-Broadley". The British Museum (Britishmuseum.org)."Curriculuim Vitae". Ianrank-broadley.co.uk

Logo do seu regreso ao Reino Unido iniciouse como escultor profesional e especializouse en escultura de baixorrelevo. Foi axudante dos escultores Reg Butler (1977) e Ralph Brown (1982).

En 1989 ingresou como membro asociado na Real Sociedade Británica de Escultores, e en 1994 acadou a condición de membro de pleno dereito. En 1990 foi elixido membro da Sociedade de Artistas e Deseñadores Numismáticos. En 1995 entrou a formar parte do Gremio de Traballadores da Arte.

En 2010 foi nomeado administrador da Prince's School of Traditional Arts. As súas obras forman parte das coleccións permanentes de entidades como o Museo Británico, a Galería Nacional de Retratos de Londres, o Museo Ashmolean, o Museo Fitzwilliam de Cambridge, a Catedral de San Paulo e o Rijksmuseum, entre outros."Collections". Ianrank-broadley.co.uk Entre as institucións que lle fixeron encargas están a Universidade de Surrey (1977), a Sociedade Británica da Medalla de Arte (1989) e a London Library (1990).

Rank-Broadley acadou pola súa traxectoria artística diversos recoñecementos; entre eles, foi nomeado en 1996 membro de honra da Worshipful Company of Goldsmiths, e o mesmo ano concedéronselle as Chaves da Cidade de Londres.

Obra

Escultura miniatura|260x260px|Grupo escultórico de bronce de Ian Rank-Broadley no Memorial das Forzas Armadas, en Alrewas, Staffordshire."Armed Forces Memorial. The Stretcher Bearers". Ianrank-broadley.co.uk Parte da obra de Rank-Broadley está caracterizada polo espido masculino, algo que foi sinalado polo crítico de arte británico Jonathan Jones.Davies, C. ( 2021). "Diana Statue to Stand in Redesigned Garden at Kensington Palace". En The Guardian. 1 de xullo. O propio Rank-Broadley escribiu ao respecto:"About Ian Rank-Broadley". Ianrank-broadley.co.uk En 1996, Rank-Broadley gañou o premio pola súa maqueta de bronce para as Portas do Infierno de Dante, na XI Bienal Dantesca de Rávena, en Italia."Awards". Ianrank-broadley.co.uk

En 2007, inaugurouse o Memorial ás Forzas Armadas no National Memorial Arboretum, en Alrewas, preto de Lichfield, Staffordshire, que contén dous grandes grupos de catorce figuras, todas elas de tamaño natural.Williams, R. (2007). "National Armed Forces Memorial Unveiled". En The Guardian. 13 de outubro. Por esta obra recibiu o premio Marsh 2008 á Excelencia en Escultura Pública."Marsh Award for Excellence in Public Sculpture". Marsh Charitable Trust (marshcharitabletrust.org).

En 2010 realizou un monumento a Dean Colet, fundador da St Paul's School de Londres, que se pode ver na catedral de San Paulo."Dean Colet - St Paul's Cathedral". Ianrank-broadley.co.uk Outras obras importantes son o San Mateu da igrexa de San Mateu de Northampton;"St Mathew". Ianrank-broadley.co.uk a raíña Isabel II coa vestimenta da Orde da Xarreteira, no Tribunal Supremo;"HM Queen - The Supreme Court". Ianrank-broadley.co.uk a estatua de Charles James Fox en Chertsey;"Charles James Fox". Ianrank-broadley.co.uk e a estatua Machine Gunner ("Metralladora"), no Memorial do Royal Anglian Regiment, no Museo Imperial da Guerra de Duxford."Machine Gunner". Ianrank-broadley.co.uk

O editor Felix Dennis converteuse nun importante mecenas para Rank-Broadley; por encarga súa esculpiu, entre outras, a estatua de Josephine Baker,"Josephine Baker". Ianrank-broadley.co.uk ademais da composición Lord Rochester, his Whore and a Monkey ("Lord Rochester, a súa puta e un mono") para o seu Xardín de Heroes e Viláns"."Lord Rochester, his whore and a monkey". Ianrank-broadley.co.uk

En 2018, Rank-Broadley completou un busto retrato do poeta galés R. J. Arkhipov. A experiencia de Arkhipov co escultor inspirou o seu poema The Sculptor ("O escultor")."RJ Arkhipov". Ianrank-broadley.co.uk

O 10 de decembro de 2017 anunciouse que Rank-Broadley recibira a encarga dos fillos de Diana, a Princesa de Gales, para executar unha estatua na súa memoria. A súa finalización estaba prevista inicialmente para 2019,"Princes Announce Ian Rank-Broadley Will Sculpt New Diana Statue". The Guardian. 10 de decembro de 2017. mais a súa inauguración no Xardín Afundido do Palacio de Kensington demorouse ata o 1 de xullo de 2021.Henni, J. (2021). "Who Is Ian Rank-Broadley, the Sculptor Behind Princess Diana's Kensington Palace Statue?". En People (People.com). 1 de xullo. Na súa crítica, Jonathan Jones sinalou o seu "horror estético [...] Un realismo plano e cauteloso, suavizado por un vago intento de intimidade, convérteno en algo sen sentido, sen espírito nin carácter".Jones, J. (2021). "An Awkward, Lifeless Shrine. The Diana Statue is a Spiritless Hunk of Nonsense". En The Guardian. 1 de xullo.

Moedas e medallas En 1997, Ian Rank-Broadley gañou o concurso convocado pola Royal Mint para a creación dunha nova efixie de Isabel II, en substitución do ata entón vixente, que Raphael Maklouf deseñara en 1985. Esta nova efixie, coñecida como o "cuarto busto" da raíña, estaba destinada a aparecer a partir de 1998 nos anversos das moedas británicas en circulación e conmemorativas, e tamén en moitas das emitidas por outros territorios de soberanía británica e membros da Commonwealth, ata 2015."Royal Efigy". Ianrank-broadley.co.uk"Rank-Broadley". Numista.com

O retrato de Rank-Broadley contrasta co anterior ao ocupar unha gran parte do campo da moeda —ao estilo de Benedetto Pistrucci, a quen admira— e ao presentar unha figura realista da raíña, que amosa a madureza dos 70 anos que tiña daquela."The Coinage Portraits of Her Late Majesty Queen Elizabeth II – the Artists’ Stories". Royal Mint (Royalmint.com). Ademais, Isabel II carece de coroa e, no seu lugar, a monarca porta na súa cabeza a coñecida como "tiara das Rapazas da Gran Bretaña","Queen Mary's Girls of Great Britain and Ireland Tiara ". Royal Collection Trust (RCT.uk). que a súa avoa, María de Teck, lle entregara como agasallo de casamento.

Ademais, Rank-Broadley foi o gañador de varios concursos da Royal Mint para o deseño de ambas as faces de varias moedas conmemorativas do Reino Unido:

5 libras (2000), conmemorativa do centenario da Raíña Nai."5 Pounds - Elizabeth II Queen Mother 100th Birthday". Numista.com

5 libras (2002), conmemorativa do Xubileu de Ouro de Isabel II."5 Pounds - Elizabeth II Golden Jubilee". Numista.com 5 libras (2008), conmemorativa do 60º aniversario do Príncipe de Gales."5 Pounds - Elizabeth II Prince Charles 60th Birthday". Numista.com. 5 libras (2012), conmemorativa do Xubileu de Diamante de Isabel II."5 Pounds - Elizabeth II Diamond Jubilee". Numista.com 10 libras (2012), conmemorativa do Xubileu de Diamante de Isabel II."10 Pounds - Elizabeth II Diamond Jubilee". Numista.com 500 libras (2012), conmemorativa do Xubileu de Diamante de Isabel II."500 Pounds - Elizabeth II Diamond Jubilee". Numista.com 5 libras (2007), conmemorativa do 60º aniversario de voda de Isabel II e o Príncipe Filipe."5 Pounds - Elizabeth II 60th Wedding Anniversary". Numista.com 5 libras (2021), conmemorativa do centenario do nacemento do Príncipe Filipe de Edimburgo."5 Pounds - Elizabeth II 5th portrait; Prince Philip". Numista.com"Behind the Design with Ian Rank-Broadley FRBS ". Royal Mint (Royalmint.com).

Todas as moedas creadas por Ian Rank-Broadley amosan as súas iniciais IRB a modo de marca de gravador, normalmente baixo a efixie de Isabel II.

Rank-Broadley foi tamén autor de varias medallas, tanto conmemorativas como de arte."Medals & Coins". Ianrank-broadley.co.uk O busto de Isabel II creado por Rank-Broadley incorporouse tamén no anverso da Medalla do Ébola polo Servizo na África Occidental, cun reverso de John Bergdahl."The Ebola Medal for Service in West Africa". National Archives. ISBN 9781474119146

Por outra banda, a Royal Numismatic Sociaty, de Londres, encargoulle en 1993 a confección do seu máximo galardón, a Medalla da Royal Numismatic Society, co motivo clásico de Heracles e o León de Nemea."Royal Numismatic Society Medal". En Ian Rank-Broadley Este Deseño estivo vixente ata 2021, cando se cambiou por outro deseñado Robert Elderton.Bland, Roger. (2022). "New Royal Numismatic Society Medal". En Coins Weekly. 19 de maio.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web de Ian Rank-Broadley

Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Surrey Categoría:Escultores do Reino Unido Categoría:Deseñadores de moeda do Reino Unido Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Alumnos do University College London Categoría:Personalidades sen imaxes