Matilda (en , ou simplemente Matilda the Musical) é un filme británico-estadounidense de 2022 dirixido por Matthew Warchus a partir dun guión de Dennis Kelly. Baséase na obra musical homónima de Tim Minchin e Kelly, que á súa vez está baseada na novela de 1988, Matilda de Roald Dahl. É a segunda adaptación cinematográfica da novela, logo de Matilda (1996). Está protagonizado por Alisha Weir no papel principal, xunto a Lashana Lynch, Stephen Graham, Andrea Riseborough, Sindhu Vee e Emma Thompson. No filme, Matilda Wormwood (Weir), que é descoidada e maltratada polos seus pais (Graham e Riseborough), desenvolve habilidades psicocinéticas para tratar coa Miss Trunchbull (Thompson), a desapiadada e cruel directora da escola Crunchem Hall.
Estreouse en Netflix o 25 de decembro de 2022, onde conta con opción de subtitulado en galego.
Personaxes
Alisha Weir como Matilda Wormwood Emma Thompson como Miss Agatha Trunchbull Lashana Lynch como Miss Honey Amber Adeyinka como Miss Honey de nena Stephen Graham como Mr Wormwood Andrea Riseborough como Mrs Wormwood Sindhu Vee como Mrs Phelps Carl Spencer como Magnus Lauren Alexandra como a acróbata Winter Jarrett-Glasspool como Amanda Thripp Andrei Shen como Eric Ashton Robertson como Nigel Meesha Garbett como Hortensia Charlie Hodson-Prior como Bruce Bogtrotter Rei Yamauchi Fulker como Lavender Katherine Kingsley como a irmá da acróbata Matt Henry como o doutor
Notas
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de TriStar Pictures Categoría:Filmes rodados en Irlanda Categoría:Filmes de Shepperton Studios Categoría:Filmes baseados en obras de Roald Dahl Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego