miniatura|300px|Apolo dispara contra Efialtes (detalle da Xigantomaquia no friso do Altar de Pérgamo, en Berlín) Na mitoloxía grega, Efialtes (Ἐφιάλτης / Ephiáltēs) foi un xigante, fillo de Xea (a Terra), creados a partir do sangue que caeu sobre a Terra cando Urano (o Ceo) foi castrado polo seu fillo, o titán Cronos.Hesíodo: Teogonía 185. Un paralelismo do nacemento dos xigantes atópase no nacemento de Afrodita a partir do mar igualmente fertilizado polos xenitais de Urano. Hixino dáo como fillo de Xea e Tártaro.Hixino: Fábulas, prólogo 4.

Como tódolos xigantes fillos de Xea, Efialtes era un ser de tamaño e forza descomunais, de aparencia humana, agás na metade inferior do corpo, no que en lugar de pernas tiña unha cola de serpe.

Efialtes e os outros xigantes participaron na Xigantomaquia, a guerra entre os xigantes e os deuses, e foi morto pola acción conxunta de Apolo e de Heracles, que lle atravesaron coas súas frechas un ollo cada un.Os Xigantes eran inmortais salvo en casos de colaboración entre un deus e un mortal. Nese momento, Efialtes acababa de vencer a Ares, a quen obrigou a axeonllarse ante el pero cando o viu Apolo disparoulle unha frecha no ollo esquerdo e chamou a Heracles, que lle cravou outra no ollo dereitoApolodoro I, 6, 2; Graves (1985), p. 146Grimal, s. v. Efialtes..

Na Divina Comedia de Dante nárrase o encontro xunto de Dante e Virxilio con este Xigante nos infernos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xigantes