miniatura|Dsitribución das linguas bálticas. As linguas bálticas son un grupo de linguas relacionadas pertencentes á familia das linguas indoeuropeas e faladas nas beiras orientais do mar Báltico no norte de Europa. O grupo lingüístico adoita ser dividido en dous grupos: báltico occidental, ao que pertencen só linguas extinguidas, e o báltico oriental, no cal se atopan as únicas dúas linguas sobreviventes: o lituano e o letón. Aínda que están relacionadas, os vocabularios do lituano o letón difiren bastante e son inintelixibles. O antigo prusiano, hoxe extinguido, considerábase a lingua báltica máis arcaica.
Divisións
Linguas bálticas occidentais: Galindiano †. Prusiano antigo †. Sudoviano (Iotvinxiano) †. Escalviano † Linguas bálticas orientais: Curoniano (case extinto) — adoita considerarse como báltico occidental. Neo curoniano (practicamente extinto; status disputado como báltico oriental / occidental) Letón (~3 millóns de falantes (~1.6 nativos falantes, 800 mil. rusos falantes de letón, outros 600 mil. falantes )) Latgaliá (150 mil. falantes) — acostuma considerarse un dialecto do letón Lituano (~3.9 millóns de falantes) Samoxiciano — adoita considerarse un dialecto do lituano Seloniano † Xemigaliano † (†—Lingua extinguida)
Véxase tamén
Categoría:Linguas bálticas Categoría:Linguas indoeuropeas