Domingo de Basavilbaso de la Presa, nado en Llodio (Áraba) o 1 de setembro de 1709 e finado en Bos Aires o 9 de maio de 1775, foi un comerciante de orixe vasca, emigrado a Bos Aires e que organizou o correo no vicerreinado do Río da Prata e tamén instalou o primeiro alxibe para purificar a auga en Bos Aires.Torres (2014), p. 87-88
Traxectoria De orixe bilbaína, Domingo de Basavilbaso marchou a América para traballar co negocio dun tío seu en Montevideo cando tiña dezaoito anos. Casou cunha crioula de Bos Aires, María Ignacia de Urtubia y ToledoTorres (2014), p.222 en 1730, e estableceuse nesa cidade e accede á vida pública primeiro como alcalde do cabido (1736), e despois como síndico (1745) e rexedor (1767).
Por mor dos seus cargos viaxou por todo o Río da Prata que naquel entón carecía dunha rede de correos regular e Basavilbaso logrou autorización, en 1747, para establecer o correo entre Bos Aires e Potosí para chegar a Lima, daquela capital do vicerreinado. A data deste acontecemento considérase a do nacemento do Correo Fixo (regular) no Río da Prata (17 de xuño de 1748). Por iso, é considerado o pai do servizo de correo na Arxentina. Posteriormente estableceu o correo entre Bos Aires e Santiago de Chile.
En 1766 era un dos principais comerciantes da cidade; e en maio de 1767Contreras (2014), p. 88, coa organización do correo ultramarino establecido polo marqués de Grimaldi, Domingo é nomeado administrador do correo marítimo de Bos Aires que desde Montevideo traía o correo procedente de España do Correo Ultramarino A Coruña-Montevideo. Un paquebote unía estes dous portos cada tres mesesLesser (2003), p. 153, e unha vez separadas as cartas, expedíanse a través do Paraná até Santa Fe; cruzaban os Andes até Santiago de Chile; outras a través de Córdoba, chegaban a Potosí, A Paz ou Cuzco; ou empregando corredoiras incas chegaban a Quito e polo Magdalena e despois a cabalo alcanzaban Cartaxena de Indias. Tamén creou a figura do carteiro que xa existía na península.
En 1771, retirouse e deixou o posto a seu fillo Manuel que edificou a Casa de Correos de Bos Aires.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Correo Ultramarino A Coruña-Montevideo
Categoría:Correos Categoría:Arxentinos de ascendencia vasca Categoría:Nados en Laudio Categoría:Nados en 1709 Categoría:Finados en 1775