O Partido Alemán-Hannoveriano (en alemán: Deutsch-Hannoversche Partei, DHP) foi un partido conservador alemán formado en 1869 en protesta pola anexión do Reino de Hannover por Prusia en 1866 e que pretendía a restauración da dinastía güelfa en Hannover. O partido mantivo unha ampla base electoral na provincia de Hannover durante o Imperio Alemán, co 38.8% dos votos en 1881 e o 13.5% en 1912. En 1933 as autoridades nazis prohibiron o DHP.

Aleman-Hannoveriano Categoría:Partidos monárquicos en Alemaña